Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

A Feira Modernista de Sada encherá as rúas de espectáculos, cultura e espírito de época

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Feira Modernista de Sada celebrarase do 1 ao 3 de agosto cunha ampla axenda de actos que inclúe mercado, concertos, teatro, danza, pasarrúas, obradoiros, rutas guiadas e mesmo un bautismo aéreo en globo nas Delicias. A Concellería de Cultura presentou a decimocuarta edición desta mostra, unha das citas máis destacadas do verán sadense que, durante tres xornadas, converterá o concello nun auténtico escenario de época, recuperando o espírito modernista a través de múltiples actividades para todas as idades, informan desde Sada.

O evento contará co tradicional Mercado Modernista, instalado na contorna da Terraza, que abrirá as súas portas o venres 1 de agosto ás 17:00 horas e permanecerá activo durante toda a fin de semana. Ademais, o programa ofrece espectáculos para público familiar, concertos de jazz e swing, pasarrúas de danza e cabaret, exhibicións artísticas, conferencias e representacións teatrais.

Con todo, destacan as rutas didácticas guiadas sobre arquitectura modernista, dirixidas polo experto Alberto Fuentes Valcárcel, que ofrecerá tamén unha conferencia centrada na figura de Francisco Lloréns.

Tamén haberá unha exhibición de pintura rápida, obradoiros de baile abertos e diferentes actuacións musicais a cargo de agrupacións como Swing Titans, Charo Quicler Jazz Band, The Sar Swing Quintet ou a Gallaecia Big Band, que pechará esta edición, o domingo 3.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620