Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

Tyson Pérez fai o 'saque inicial' das Festas de Sada

O xogador internacional de baloncesto Tyson Pérez acaba de inaugurar de xeito oficial as Fetsas de Sada. Nunha intervención cargada de sentimento, o mozo compartiu cos asistentes os valores que aprendeu desde os seus primeiros botes co balón nas pistas polideportivas do paseo marítimo: esforzo, compañeirismo, constancia e superación.

"Dende o Concello de Sada, collemos o testemuño das súas palabras" porque "estes valores non só forman grandes deportistas, senón tamén grandes persoas e comunidades máis unidas", indicou o alcalde, Benito Portela.

Tyson quixo agradecer a acollida e o cariño recibidos en Sada dende que a súa familia cheou  á vila procedente de República Dominicana e dende a insititución municipal recordaron que "non podemos máis que reafirmanos neste feito: que Sada foi sempre unha vila aberta a todos os que nela quixeron iniciar ou continuar un proxecto de vida"