Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

Betanzos celebrará ‘Os Caneiros en Familia’ o sábado 2 de agosto como adianto ao San Roque

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Betanzos confirmou que ‘Caneiros en Familia’, unha romaría organizada para dar a coñecer a xira entre os máis novos e evitar que se desvirtúe, e para que os betanceiros disfruten dun día especial, subindo ata o campo dos Caneiros en embarcacións ou camiñando e despois comer as viandas que cada leve ata alí, á beira do Mandeo. Unha celebración que, especialmente os máis novos, non puideron disfrutar durante estes anos da mesma maneira que os seus  devanceiros, nas súas orixes, aló polo século XIX. Como nas anteriores edicións, ofreceránse viaxes desde A Tolerancia na embarcación municipal ‘Diana Cazadora’.

O prazo de inscripción abriu hoxe, día 22, e pechará o mércores 30. As anotacións poden realizarse nas oficinas do Edificio Liceo, de nove da mañá a dúas da tarde, ou na  web www.betanzos.gal 

As prazas, 55 en cada viaxe, cubriránse por riguroso orden de inscripción, tendo preferencia os empadroados en Betanzos. As subidas ao campo dos Caneiros serán ás 12.30, 13.30 e 14.30 horas, e os se baixada ao embarcadoiro da Tolerancia ás 19.00, 20.00 e 21.00.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620