Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Rodrigo Osorio | “A mellor solución sería que seguise sendo unha taberna onde desfrutar as pinturas de Lugrís”

A asociación O Mural é, xunto a In Nave Civitas, a entidade que máis fixo nos últimos anos para reivindicar a protección dos murais da rúa Olmos. Así o lembra o seu voceiro, Rodrigo Osorio, con motivo da trascendencia da reunión a tres bandas.

¿Qué esperan da reunión?

Xa era hora de que se reuniran. Porque o escrito que presentamos para salvar os murais foi en xuño do ano 2021. Pasaron tres anos e once meses. Agardamos que se poñan dacordo e fagan o posible para que os murais se queden aí e poidan ser vistos pola xente.

Fálase do futuro do edificio, ¿qué prefiren que sexa?

Preferimos que sexa un espazo aberto ao público. A mellor solución sería que seguise sendo unha taberna onde puidésemos desfrutar as pinturas de Lugrís. Estamos nas súas mans, o que tarden en decidir algo e en tomar medidas para que os frescos non desaparezan. A xuntanza é o 4 de xuño, despois comezará a rolda de consultas, a negociación para a eventual compra de todo ou parte do edificio, a orzamentación... supoño que serán outros dous anos. En dous anos vai chover moito.

Pero o feito de que se deixe entrever que a solución é que queden en Olmos é unha pequena vitoria. 

Parece que non os van mover. Pero todo isto podería terse arranxado hai moito tempo. No momento que comprou a Xunta os murais no concurso de acredores do anterior titular, podería ter mercado todo o inmoble por 30.000 euros máis. É dicir, por 60.000 euros, o prezo de dúas táboas non moi grandes de Lugrís, podería ter comprado os doce murais e un edificio. Agora vai ser moito máis caro.

¿Puideron entrar no edificio recentemente para ver o estado dos murais? 

En xaneiro. Vímolos en decembro e a mediados de xaneiro e notábase o deterioro dun mes ao outro. Notábase moito o bafo, os fungos e a humidade, especialmente no mural que consideramos máis importante, o da vista da Coruña, o do arco.

Agora, poderían estar peor. 

Choveu moito. Había tres pingueiras. De feito, o que era a cociña do último restaurante tiña todo o teito caído por unha.