Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Manel Cráneo | “Viñetas vai expoñer este ano 1.300 obras: é a edición máis ambiciosa”

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

O próximo luns, a Feira do Libro dá paso nos Cantóns a Viñetas desde o Atlántico, unha cita co mundo da banda deseñada que vai a máis cada ano. En parte, polo traballo do seu director, o artista Manel Cráneo, que sinala que esta é, cando menos no relativo ás exposicións, “a edición máis ambiciosa”.

Cales son as expectativas de cara a esta edición?

O primeiro, recuperar a internacionalización do festival. É algo que xa fixemos o ano pasado traendo a autores de Arxentina, Portugal e Brasil. Este ano traemos autores de Canadá, portugueses, materiais de Arxentina cunha colección de Quino que pisa por primeira vez chan europeo… Tamén queremos usar as novas tecnoloxías, porque á rapazada xa non lles chega cos cómics: ten que haber pantallas.  Así que imos ter por primeira vez nun festival de cómic español un escáner 3D para poder facer o photocall da feira, que fixeron profesionais de Mundos Dixitais. Unha das liñas precisamente é esa: tender lazos de colaboracións con outras entidades. 

Hai case o dobre de creadores que o ano pasado

Hai uns 70, entre convidados e os que traen as editoriais e librerías. Si que aumentou moitísimo, e estamos gratamente sorprendidos, porque veñen encantados e fan obradoiros, sinaturas, charlas…

Vive o cómic un momento doce? 

Si. Os superheroes e o manga moven moitísimo á xente xoven. A min gustaríame traer algún autor de Xapón, pero son figuras moi cotizadas. Hai algúns que teñen pista privada de aterraxe na súa casa, que teñen a man coa que debuxan asegurada por millóns de euros… Mover iso non é nada doado, pero ir integrando algo estaría ben. Pero tamén apostamos pola xente que empeza, como fixemos este ano co cartel, que fixo Rubén Rial, un artista galego emerxente. Por que non darlle a oportunidade?

Nesta edición cobra especial relevancia a figura de Castelao

Castelao está de moda sempre. Fálase moito da súa figura política, tamén como debuxante, pero do que non se fala nunca é de que el fixo obras no mundo do cómic, sen ser consciente. Este ano encargamos a dous grandes estudosos do cómic galego, Rosario Crespo e Siro López, que fixeran artigos sobre o que eu chamo ‘protohistorietas’, nas que Castelao xa narraba nunhas pequenas tiras cómicas cunha gran inventiva visual, e as metemos no libro deste ano de Viñetas. Así, abrimos unha nova vía para a feira, que é intentar investigar sobre os primeiros cómics en galego, para intentar poñer en valor o sector.

É o seu segundo ano á fronte do festival. Que tal a experiencia? 

Coñezo moi ben a feira porque durante quince anos a vivín como editor, e os 28 que leva como autor. Pero cando chegas á dirección atópaste con cousas que non sabías. Tes que empezar de cero: non hai un manual para isto. Pero estou moi contento. Este ano Viñetas vai concentrar 1.300 obras, entre dixitais e orixinais, e en todas as salas de exposicións. O ano pasado foron 600. Polo menos en volume de obras é a edición máis ambiciosa.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos