Xoán Antón Pérez-lema

Comprometermos coa lingua

Evidentemente ninguén vai adiar unha atención médica urxente agardando por un consentimento informado en galego, mais o que cumpriría é denunciar perante a Secretaría Xeral do SERGAS calquera omisión ou vulneración dos dereitos lingüísticos.O estatuto de cidadanía esixe nunha democracia avanzada o exercicio cívico dos dereitos, malia que nos fagan sair da nosa zona de confort.

A segunda doutrina Botín

Principio xurídico que é correcto, mais que até de agora interpretábase polo 95% dos Xulgados e Audiencias do Estado español no senso de que esa responsabilidade non prexudicaba o exercicio de accións de nulidade ou indemnizatorias polo feito case xeralmente aceptado da desaquelada información ofrecida no 2016 polo Popular, como xa dixeran os Tribunais españois nas sentenzas das reclamacións pola saída a Bolsa de Bankia no 2012 e pola perda de valor parcial das preferentes e subordinadas.O TXUE dí que a protección dos investidores é un principio esencial do Dereito europeo mais que a estabilidade bancaria é preferente.

Tempos de remuda

E se Rueda cede diante de Núñez Feijóo no desexo deste de repetir Goberno éste durará pouco, porque non lle vai encaixar nin ao novo Presidente nin aos dirixentes do PPdeG que o aceptaron como novo Presidente e candidato para as eleccións nacionais galegas de 2024, precisamente condicionado á remuda cara un liderado máis compartillado e integrador das baronías..Un novo Goberno suporá tamén un reaxuste nas relacións coa oposición, cunha líder do BNG que vai tentar maximizar os seus níveis superiores de coñecemento cidadán a respecto do futuro presidente Rueda, mentres poderá mallar no argumento da súa falla de lexitimidade de exercicio.

Aprendermos a historia de Galicia

E velaí como o conselleiro de Educación demite da súa responsabilidade, promovendo contidos adicionais aos mínimos estatais precisamente dos periodos omitidos da historia española, no canto de por os bimbios para aprendermos no bacharelato a historia de Galicia.Sen o coñecemento do noso substdrato celta, da romanización, das achegas sueva e britoa ou da irrelevancia da invasión árabe non se entende o xurdimento do reino de Galicia no século IX. Sen explicarmos o reino de Galicia non se entende o fenómeno xacobeo nin a prosperidade do noso país nos séculos XII e XIII, da que xurden a Catedral compostelá e o seu Pórtico da Gloria e máis a fundación de vilas e cidades portuarias como Baiona, Noia, Viveiro ou A Coruña.

Reducirmos a dependencia

Se a actuación do Goberno diante da crise inflacionaria ben pode alcumarse de serodia, parcial e pouco matinada a da Xunta ben pode alcumarse de inexistente, tanto en ideas como en actuacións concretas.

O urxente e o importante

O Goberno do Estado teimou no seu erro e botou once días sen sentar coa plataforma convocante do paro dos transportistas.

Vox entra nos gobernos

O pacto foi acordado polo propio Abascal con Machueco, presidente popular castelán, polo que Núñez Feijóo non é responsábel no eido xurídico, ao non seren aínda Presidente do PP estatal.

Galicia, Galicia, Galicia

Polo que sabemos, xa se ten acadado un pacto entre os baróns territoriais para que non haxa máis candidato ca Alberto Núñez Feijóo.O cargo de presidente do PP estatal é incompatíbel coa presidencia do PP galego, polo que cómpre prover axiña á sucesión orgánica do Presidente da Xunta.

Pérez Jácome e Núñez Feijóo

Foi un anticipamento da lawfare despois desenvolvida por Bolsonaro ou Trump.Mais Pérez Jácome non estivo só nesta angueira, pois que contou coa colaboración inestimábel do pasado fiscal provincial de Ourense, Florentino Delgado, que desenvolveu o cargo entre 1995 e primeiros de 2019 e que foi sancionado pola Fiscalía Xeral do Estado a 19 meses de suspensión pola comisión de dúas faltas moi graves e outras dúas graves (atrasos inxustificábeis no trámite de denuncia contra o antigo alcalde do PP de Ourense, Manuel Cabezas) e a outros 18 meses de suspensión por outras dúas faltas moi graves, por continuar no uso da súa vivenda ourensá con cargo á Xunta cando ésta xa lle requirira a despexala.Pérez Jácome está sendo investigado por un delicto de malversación de diñeiro público polo Xulgado de Instrución nº 2 ourensán, polo desvío ao seu propio patrimonio persoal de 50.000 € e ao da súa canle Aurea TV polo pagamento da súa licenza á Unión de Televisións Galegas.

Non hai fronteiras?

Mais nesa mobilización popular insírese unha outra demanda: que o Estado español, nomeadamente o seu establishment político, cultural ou mesmo musical, fose quen de recoñecer que a lingua e a música tradicional galegas (ben que moi fusionada con outros elementos que actualizan e potencian a proposta Tanxugueiras) puidesen representar un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe que, asemade, fracasa na Eurovision Fest dende o século XX.Este día vimos como o xurado de 5 persoas que a RTVE nomeou para esta tarefa excluiu Tanxugueiras da final do sábado 29-X, con graves sospeitas a respecto das 3 persoas españolas do xuri, tanto polos seus vencellos con outros concursantes como por unha posta en escea ben agresiva a respecto das que sempre foron as gañadoras na democracia do público.De seguro que Tanxugueiras compite- e ha competir- esta noite con esa España que acredita ser unilingüe, unicultural e uninacional.

O líder político da Galicia moderna

É unha evidencia científica, ratificada dende os tempos de Dámaso Alonso nos anos 40 do século XX por todos os dialectólogos, que o galego que falan uns 40.000 cidadáns asturianos (5% da poboación das Asturies) dos 19 concellos do oeste do Principado é unha variante dialectal do galego, o galego oriental, que partillan tamén os galegofalantes do Berzo e da Seara (administrativamente en Castela-León) e os galegos da parte máis ao leste da Galicia administrativa.Velaí que a Real Academia Galega (RAG) cumprise coa súa obriga cando se dirixiu ás autoridades do Principado para que o galego fose recoñecido como lingua oficial na vindeira reforma do Estatuto asturiano, canda a llingua asturiana, falada no resto do Principado, no norte da provincia de León e na vila portuguesa de Miranda do Douro.

Eurorexión e eixo atlántico

Isto xerará novas oportunidades de negocio para as actividades turísticas galegas, malia que a falla de encaixe do transporte de mercadorías no esquema do AVE limitará substancialmente as súas vantaxes a respecto doutras actividades económicas do País que, por outra banda, tenderá a se debruzar máis cara a complementariedade (turismo e lecer) co hub madrileño (tamén furado negro que baleirou a Meseta toda), que é o grande beneficiario dun AVE radial que quita recursos para outros eixos ferroviarios máis importantes para Galicia, como o corredor atlántico que leve as nosas mercadorías cara Europa ou a propia conexión de pasaxeiros e mercadorías con Porto e Lisboa, que reivindica o Goberno portugués como prioritaria a respecto da conexión Lisboa-Madrid.

ALCOA: nin saben nin queren

Mais a Xunta e o Goberno do Estado nin saben, nin valen, nin queren.

O soberanismo galego

A orixe é, para os que cren que Galicia é unha parte de España sen dereito ningún adicional, a soberanía única que este día defenderon no Parlamento de Galicia o PSdeG de Gonzalo Caballero e o PPdeG de Núñez Feijóo, de xeito que unha reforma do marco xurídico-político podería suprimir o limitado autogoberno galego e restaurar o centralismo no que acreditan as forzas políticas españolas.Mais a orixe, para os soberanistas, é o recoñecemento de Galicia como nación, como suxeito xurídico-político coa plena capacidade de decidir o seu futuro.

Xulgar dende a España profunda

Doutro xeito seguerán a xulgar, seguerán a xulgarmos, dende a España profunda.

Disparármonos ao pe

Ou queren definir xa de vez o Estatuto como simple carta outorgada e ao autogoberno como concesión española?

Minorizan a nosa lingua

No lingúistico e no económico.Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaria as potencialidades da industria audiovisual española”.

O roubo da luz

Precisamos dunha reforma global que remate coa pobreza enerxética e permita que Galicia poida desfrutar dunha electricidade máis barata para as nosas familias e empresas.

O reto do BNG

Unha vantaxe que compre afortalar, ii) neses milleiros de persoas sen historia de compromiso político, mais si de compromiso e coñecemento nos eidos da cultura, deporte, empresa e no traballo social, que partillan a idea dunha Galicia xusta e moderna como referente da súa vida e iii) nos centos que traballaron en tempos no galeguismo político, con experiencias moi valiosas na gobernanza autonómica e no traballo de goberno e oposición de moitos concellos.O reto son as eleccións nacionais galegas de 2024, mais esa fase final ten unha previa fulcral, as municipais de 2023, onde o BNG habería consolidar os seus gobernos de vilas e cidades, mais tamén avanzar, nomeadamente no ámbito máis urbano, onde ten todo a gañar fronte ao previsíbel recuamento das marés dos Comúns e, quizais, dos gobernos socialistas, de xeito que, probábelmente, este avance electoral do BNG na Galicia urbana produza novos alcaldes e alcaldesas soberanistas que, paradoxalmente, serían os que mantiver os gobernos progresistas en varias cidades galegas fronte á enxurrada da dereita española.

Conciliarmos liberdade e saúde

Que había restrición ou limitación de dereitos fundamentais era evidente e só a Xunta non o viu.Mais complexa era a decisión de admitir ou non estas restricións dos dereitos fundamentais (nomeadamente o principio de non discriminación e o dereito á intimidade persoal), por ser ou non esas medidas de saúde pública precisas, proporcionadas e acaídas á súa finalidade.

1 2 3 4 5