Vox entra nos gobernos

Núñez Feijóo foi proclamado candidato único á presidencia estatal do PP. E este feito coincidiu no tempo co pacto de goberno entre o PP e Vox para gobernar Castela e León. Con 13 deputados sobre os 44 da maioría absoluta que ambos os dous partidos achegan Vox acadará, da mán do PP, a vicepresidencia do goberno rexional e tres das dez consellarías, ademáis da presidencia das Cortes (o Parlamento territorial).O pacto foi moi mal recebido polo presidente do PP europeo, Donald Tusk, pois que considera que os extremistas son aliados da francesa Marie Le Pen e do primeiro minisro húngaro Viktor Orban, tradicionais amigos de Vladimir Putin.

O pacto foi acordado polo propio Abascal con Machueco, presidente popular castelán, polo que Núñez Feijóo non é responsábel no eido xurídico, ao non seren aínda Presidente do PP estatal. Mais todos sabemos que dende o mércores 3-M non se move unha palla ena rúa Xénova sen que o aprobe Núñez Feijóo. Xa que logo, é evidente que este pacto tivo de ser aprobado implícitamente polo aínda presidente galego. Mal comezo para un presidente estatal do PP que racha o cordón sanitario que defende o PP europeo para evitar que a extrema dereita continental (tradicional amiga de Putin) marque. aínda máis do que xa o fai, a axenda pública nos Estados da Unión Europea.n xeral de calquera botándolle a culpa aos outros. Neste caso ao PSOE por non investir incondicionalmente a Machueco. Tamén amosou., no seu último debate parlamentario no pazo compostelán do Hórreo outra destas cualidades (facerlle oposición á oposición), culpando Ana Pontón (BNG) dunha falla de consenso institucional da que só o PPdeG e o PSdeG foron responsábeis, ao substituiren a condea da agresión rusa asumida polos mesmos partidos e o BNG por unanimidade na Deputación coruñesa (ou o acordo unánime do Congreso dos Deputados) por un apoio expreso á NATO inédito nas outras declaracións institucionais das diferentes institucións e Parlamentos europeos.

Coincide a progresiva retirada de Núñez Feijóo das responsabilidades de goberno na Galicia cun prezo da enerxía eléctrica inviábel para a nosa industria, agricultura e gandería. E tamén imposíbel para as economías familiares galegas. Evidentemente Núñez Feijóo non é responsábel nin da guerra de Ucrania nin do desaquelado sistema marxinalista tarifario europeo, mais é certo tamén que nos seus trece anos de goberno sempre desbotou reformas tarifarias tanto deste sistema marxinalissta como calquera outra no beneficio da Galicia. Porque cubrimos o 76% das nosas necesidades con enerxías renovábeis e exportamos máis dun terzo da enerxía que producimos sen poder subvencionarmos o consumo das nosas familias e empresas, que pagamos igual ou máis ca os consumidores non produtores de Madrid. Asumindo, nós exclsuivamente, os custos ambientais e económicos desta sobreprodución.

Vox entra nos gobernos

Te puede interesar