Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A de Henrique Monteagudo será a única candidatura a presidir a Real Academia Galega

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina

A Real Academia Galega (RAG) celebra este venres o pleno extraordinario para a elección do sucesor de Víctor F. Freixanes á fronte da presidencia da entidade. O acto, que terá lugar no pazo municipal de María Pita, na Coruña, conta só cunha candidatura formalizada, a de Henrique Monteagudo.

Monteagudo (Muros, 1959) era até agora o vicesecretario da RAG. É catedrático de Filoloxía Galega na USC e conta cun amplo currículo en universidades europeas e americanas. É membro de número da Academia dende o ano 2012, coordina o Seminario de Sociolingüística e foi secretario da Academia desde 2013 até marzo de 2021.

É doutor pola USC coa tese 'Ideas e debates sobre a lingua (1916-1936). Afonso D. R. Castelao e a tradición galeguista', que lle valeu un premio extraordinario de doutoramento. O seu labor centráse, principalmente, nos estudos sobre a normalización da lingua galega e a sociolingüística. A súa achega máis recente neste último campo foi aprobado no pleno de decembro da Academia: 'Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023'.

Sucesor

Monteagudo comparecerá mañá no pazo de María Pita. Convertirase así no presidente número 14 da Real Academia Galega e o quinto no que vai de século (tras o propio Freixanes, Xesús Alonso Montero, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Ramón Barreiro Fernández).

Tal e como lembraba nunha entrevista a El Ideal Gallego o presidente saínte, Víctor F. Freixanes, o novo presidente herdará proxectos xa comezados como a gramática ou o novo diccionario castelán galego, así como o final das obras da sede da rúa Tabernas ou a busca de novas fontes de financiamento da entidade.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina