Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Víctor F. Freixanes deixa de ser presidente da Real Academia Galega

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Víctor F. Freixanes remata a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras completar oito anos á fronte da institución. O académico formalizou a conclusión do seu segundo mandato ante os membros do Plenario na xuntanza ordinaria celebrada na tarde deste venres no pazo de María Pita da Coruña.

Con este paso comeza o proceso que conducirá á elección da nova comisión executiva da Academia. De acordo coa normativa da institución, entrementres ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, a quen lle corresponde poñer en marcha o proceso electoral.

Os estatutos da Academia establecen un período non superior a tres mes para a elección da nova comisión executiva.

A candidatura ou candidaturas á presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución. Para facelo disporase dun prazo que remata 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620