Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

A Real Academia Galega xa busca a 'Palabra do Ano 2022'

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren un ano máis a participación cidadá para elixir a 'Palabra do Ano 2022', o proxecto que impulsan ambas as institucións para a difusión do léxico galego.

A fase de recollida de sugestiones permanecerá aberta ata o domingo 11 de decembro e, posteriormente, todas as persoas que o desexen poderán participar na votación popular desde o martes 12 ao domingo 25 de decembro. Así, a 'Palabra do Ano 2022' darase a coñecer durante os últimos días de 2022.

A campaña, explicou a RAG, busca a palabra que incida nalgunha cuestión pública dos últimos doce meses, para ben ou para mal, que sintetice dalgún modo como se viviu colectivamente ou que faga referencia a algún fenómeno ou preocupación emerxente, en ocasións a través de neoloxismos e noutras a través de voces presentes na lingua desde hai moito tempo.

En edicións anteriores foron elixidas 'tanxugueiras' (2021), 'nós' (2020), 'sentidiño' (2019), 'deseucaliptización' (2018), 'afouteza' (2017), 'irmandade' (2016) -- coincidindo co centenario das Irmandades da Fala --, 'refuxiado, -a' (2015) e 'corrupción' (2014).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina