lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A poesía en galego e asturiano enténdese mellor na India que en Madrid

Yolanda Castaño durante o recital | EFE

Na India, onde conviven 22 idiomas oficiais e gran parte da poboación fala máis dunha lingua, a situación do galego e o asturiano enténdese mellor que nun lugar a priori máis próximo como Madrid, segundo defenderon este luns os poetas Yolanda Castaño e Miguel Rodríguez Monteavaro.

 

"Moitas veces trátase dunha situación de centralismo e a India ten moitos centros (...) Ás veces desde Galicia, desde Asturias é complicado facernos entender para a xente de Madrid, que só traballa nunha lingua, que é o castelán. Aquí é moito máis fácil porque moitos falan dous, tres linguas, e non teñen un centro neurálxico", explica a EFE o asturiano Rodríguez.

 

A poeta galega asente: "É moi interesante esa complicidade que somos capaces de sentir aquí, porque non teñen esas barreiras mentais, non aplican tanta gradación, tanta xerarquía de status social para as linguas, que son quizá algúns dos prexuízos que aínda soportamos no Estado español".

 

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) e Miguel Rodríguez Monteavaro (Bual, 1990) deron onte un recital de poesía no Instituto Cervantes de Nova Deli, na última parada dunha xira pola India que lles levou tamén ao remoto estado nororiental de Assam e á capital cultural  india, Calcuta.

 

Entre o público, poetas indios en linguas como o hindi, o bengalí ou o kannada, que celebraron unhas lecturas poéticas que "achegaron o seu mundo a nós", como dixo unha das asistentes.

 

 

Compartir a poesía co mundo

Unha intención que recoñeceu Rodríguez, xa que para el o seu posicionamento co asturiano non é só reivindicativo, senón que vai moito máis alá.

 

"Temos esa parte de reivindicación das nosas culturas, pero tamén temos a parte de que somos artistas e estamos a ensinar a nosa arte, non só ás nosas comunidades, senón ao mundo. Necesitamos expresarnos non só para os nosos, senón para todos", remarcou o poeta expresándose no galego falado en Asturias.

 

Unha postura que comparte Castaño, artífice en Galicia do ciclo Poetas Di(n)versos, no que se organizan recitais nos que "unha voz en galego  convive cunha voz do resto do mundo, que pretende poñer en valor o que se está escribindo en galego, pero tamén concibido ao mesmo nivel que o que se escribe noutras linguas".

 

"Facer que a poesía galega conviva con outras poéticas internacionais e mesmo que sexa unha poética anfitrioa", subliña Castaño. "Temos esa consciencia e esa conciencia, e esa sensibilidade, e esa bondade tamén, non só de facer poesía para os nosos, senón de levala polo mundo".

 

Volvendo á orixe, Rodríguez lembra que o asturiano necesita obter o seu recoñecemento como lingua oficial

en España, como é o caso do galego, o catalán e o eúscaro, unha posibilidade cada vez máis preto.

 

"Asturias é un territorio con tres linguas: o castelán por unha banda, o asturiano por outro e o galego por outro. E pode ser complicado oficializar iso, pero en realidade estamos no proceso e creo que é necesario", remarcou en galego este poeta asturiano.

A poesía en galego e asturiano enténdese mellor na India que en Madrid

Te puede interesar