Concurso de microrrelatos “María Casares sobre o escenario”

Concurso de microrrelatos “María Casares sobre o escenario”

María Casares marca un antes e un despois como actriz e personaxe pública na vida social, artística e cultural na Francia do séxulo XX. 

 

Coruñesa de nacemento, con tan só 13 anos emprendeu o camiño do exilio e chegou en 1936 a París, onde estudou teatro e onde se posiciona ao lado das vangardas artísticas cun compromiso político, social e ético coa súa orixe galega, coas persoas refuxiadas e con aquelas con ideais republicanos.

 

Foi París a cidade na que viviu ate o fin dos seus días, tras convertirse na gran dama do teatro francés do século XX.

 

Desde o Ideal Gallego gustaríanos facer partícipes a todos os mozos e mozas que cursan secundaria e teñen entre 12 e 16 anos, no centenario dunha muller crave do século XX, poñendo en marcha un concurso de microrrelatos, deseñado baixo a temática “María Casares sobre o escenario”.


 

PARTICIPACIÓN

Para participar, o teu fillo ou filla só ten que rexistrarse na nosa web ou utilizar a conta dalgún dos seus proxenitores, deixando o seu microrrelato de non máis de 100 palabras nesta mesma noticia. 

 

O relato gañador e dous finalistas serán incluídos na versión dixital e impresa do 18 de decembro de 2022. 

 

Os premios serán os seguintes:

Gañador: Lenovo Tab M10 HD, valorada en 169€

Primeiro finalista: eReader Kindle 6”, valorado en 109,99€

Segundo finalista: Smartwatch Amazfit Bip 3 Pro, valorado en 69,00€


De entre todos os relatos recibidos entre o 1 de novembro e o 30 de novembro de 2022, o gañador elixirase mediante un xurado composto por membros de Editorial A Capital e anunciarase o 7 de decembro a través de redes sociais e na edición en liña e impresa. 

 

Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos. Participacións abertas ata o 30 de novembro de 2022! 


 

Consulta as bases aquí e participa nos comentarios desta noticia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concurso de microrrelatos “María Casares sobre o escenario”

Te puede interesar