Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

Infesta define as súas alegacións ao proxecto de seguridade viaria da Xunta: “Estamos a tempo de solucionar”

A Plataforma Veciñal de Infesta, despois de ter analizado o proxecto da Axencia Galega de Infraestruturas e discutido en varias asambleas as inquedanzas dos residentes sobre distintos tramos, saudaron a decisión da Xunta de executar unha obra reivindicada durante anos pola cidadanía pero acordaron cursar alegacións á intervención, entre As Cascas e o acceso a A-6.

Os afectados consideran que a seguridade peonil “non pode ser un compartimento estanco nun vial cun alto índice de vehículos, que conecta Ferrol e Betanzos con Compostela e que soporta no tramo de execución o acceso de tránsito das áreas comercias da cidade e de duas zonas industriáis (Piadela e Infesta), o acceso dende o centro urbano á autovía e á autoestrada e a comunicación a esta vía autonómica de diversos núcleos de Requián e de Betanzos (A Condesa, O Coto, O Petón, O Farragoto,  Camiño Real de Infesta, O Tarreo, Casas Novas, Xan Rozo e A Graña)” e inciden na necesidade de mellorar tamén “a calidade circulatoria do tránsito rodado e da accesibilidade dos núcleos residencias, comerciais e industriais” así como dunha coordinación entre co Concello de Betanzos.

Así, aínda que “coñecedores das dificultades de conciliar en moitos puntos os intereses de viandantes e vehículos por condicionantes físicos insalvables”, consideran que “ hai aspectos mellorables” e se ben “as solucións técnicas non nos corresponden a nós”, si indicar cuestións do día a día que, a curto ou medio prazo, se non se toman en consideración acabarán afectando á seguridade entre As Cascas e a rotonda de Infesta-O Norte. “Estamos a tempo de solucionar”, sinalaron desde Infesta.

NOVA ROTONDA DA N-VI  Cren que a nova rotonda da N-VI desviará todo o tráfico á das Cascas, que acabará colapsando. Piden expropiar unha escollera e ampliar a calzada. 
MARQUESINA NO COTO Instan a desprazar a marquesina proxectada na subida ao Coto (Residencia García Irmáns). Tamén valorar un acordo co Concello de Betanzos para amañar esta vía, agora mesmo en mal estado 
PAI MENNIInstan a aclarar como será o acceso ao centro desde O Petón e a eliminar posibles barreiras arquitectónicas. 
O FARRAGOTOPiden estudar a posibilidade de xirar hacia Santiago e Betanzos  no cambio de sentido do Farragoto. Mediante unha rotonda ou otras opcións. 
CAMIÑO REALSolicitan pasos seguros dada a escasa visibilidade do tramo. 
INFESTAPreocupa a eliminación de prazas de estacionamento e a escasa visibilidade e ausencia de pasos de peóns a pesar de haber paradas de bus. 
VÍA DO TRENSolicitan un paso peonil xa a que a solución a este tramo é só parcial