Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Vermú, literatura e moita música para homenaxear na Coruña as cantareiras no Día das Letras Galegas

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Cun vermú, literatura e moita música empezou este sábado a xornada de celebración do Día das Letras Galegas, este ano, en homenaxe ás cantareiras. E é que, aínda que as actividades conmemorativas xa comezaron o venres cunha actuación a cargo do grupo Treixadura no Teatro Colón ou coa foliada en Méndez Núñez con entidades como Cantigas da Terra, Aturuxo, Xacarandaina, Son d'aquí ou Donaire, entre outras, o festival Corufest puxo o broche inicial á celebración cun vermú no Galgo Azul.

A música de Pulpiño Viascón en José Sellier e o percorrido pola historia do galego de ‘A feira das linguas’ de Lydia Botana na praza do Humor completaron unha programación matinal que encheu de maxia e cultura galega as diferentes rúas da cidade.

Xa pola tarde, as actuacións musicais de Son d’aquí e Xacarandaina en Méndez Núñez e do Dúo Vaguidades en San Andrés, entre outras moitas propostas, espertaron o ánimo das persoas que se achegaron aos céntricos lugares coruñeses.

Este ano, a homenaxe polo Día das Letras Galegas escolleu, por primeira vez, unha celebración centrada na tradición oral. Así, estes días énchese de sentido esta tradición ao poñer en valor unha parte esencial da cultura popular galega.

De tradición oral e, sobre todo, cultura popular galega, saben un pouco Zavala, Atalaias de Caión, Ulex ou Ortiga, quen a última hora da tarde fixeron cantar a toda a praza de España coma se dunha verbena galega se tratara.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620