Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Todas as formas de festexar o Día das Letras de Luísa Villalta

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A axenda pola semana das Letras Galegas será extensa, en tempo e forma, e rendirá homenaxe a Luísa Villalta nas súas múltiples facetas, demostrando que todas as artes son amigas.

Este mércores, ás 19.30, a Deputación propón unha gala no teatro Colón con poesía, performance e música, coa presenza, entre outros, de Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Hugo Gómez-Chao, Janet Novás ou a Orquestra Infantil da OSG.

Ao día seguinte, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove un roteiro, con María Casar, que partirá ás 17.00 horas da estatua de Emilia Pardo Bazán.

Tamén o xoves será o concerto do Consello da Cultura Galega. Comezará ás 20.30 horas, corre a cargo do grupo instrumental Siglo XX e, entre as pezas a interpretar figura a estrea de ‘Concerto para un home só’, que Federico Mosquera compuxo en base á obra de Villalta.

O propio 17 de maio serán os actos institucionais, que este ano decorrerán na Coruña. En María Pita celebraránse os actos, previa apertura dunha exposición en torno á figura da homenaxeada no pazo municipal. O teatro Rosalía, pola súa parte, será testemuña do pleno extraordinario da RAG.

Sada viviu onte o seu acto institucional na biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo. “Para Sada é un orgullo que a RAG decidira o pasado ano adicar as Letras Galegas de 2024 á nosa profesora e amiga, unha decisión pola que este Concello pelexou moito”, apuntaba o alcalde, Benito Portela.

Pero, durante o resto da semana, tamén é bo momento para lembrar a súa vida, e tamén a súa obra. No seu espazo web adicado á autora, a RAG publicou unha serie web con testemuñas de personalidades da cultura e exalumnos seus.

Para sumerxirnos na súa obra, podemos apostar por voltar ás súas obras publicadas no pasado, pero tamén polas reedicións recentes. É o caso de ‘As chaves do tempo’, que recuperou recentemente ‘Cuarto de Inverno’ ou a ‘Narrativa reunida. 1991-2001’ de Xerais. Tamén reedita Galaxia o ‘Libro das colunas’. Pero tamén lle renden homenaxe outros autores, como Xurxo Souto e o seu ‘Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta’, ‘As escumas da letra’ de Esperanza Mariño ou ‘Un ruído provocado(r)’ de Mercedes Queixas e Montse Pena.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina