Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Música e conversa para pechar as Letras Galegas na Coruña

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello da Coruña culmina este domingo, 25 de maio, a súa programación institucional polo Día das Letras Galegas 2025 cun acto moi especial na Fundación Luís Seoane. A sesión estará centrada na figura das cantareiras homenaxeadas pola Real Academia Galega, recoñecidas polo seu papel fundamental na transmisión da cultura oral galega.

A partir das 11.30 horas terá lugar unha conversa aberta sobre a vida e legado de Adolfina e Rosa Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Agranzón, Muxía), Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Mens, Malpica). Participarán Richi Casás, Isabel García e José Manuel Fdez. Pensado (A.F. Aturuxo), o escritor Xosé Manuel Varela e a filóloga e música Icía Varela.

Como peche do acto, ás 13.00 horas, terá lugar unha intervención musical a cargo do dúo Casás&Barcia, cun repertorio baseado na tradición oral das mulleres homenaxeadas.

Este encontro na Fundación Luís Seoane pon fin á programación municipal organizada entre os días 16 e 18 de maio, na que a cidade acolleu concertos, foliadas, teatro, pasarrúas e actividades familiares que celebraron a lingua e a cultura galegas, coas cantareiras como fío condutor.

A programación cultural arredor do Día das Letras Galegas continúa nas vindeiras semanas con actividades de interese promovidas por diferentes entidades da cidade, que completan e prolongan o espírito da celebración:

● Ata o 1 de xuño, pode visitarse na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga a mostra “70º aniversario da A.F. Aturuxo. Pandereteiras de Mens”, unha homenaxe visual ao legado das mulleres protagonistas desta edición.

● O domingo 25 de maio, o Centro Ágora acollerá dúas sesións do XXXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, ás 11.00 e ás 16.00.

● O martes 27 de maio, dentro do programa Apego, terá lugar no Centro Ágora o espectáculo infantil “Dende Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas letras”, da compañía A Xanela do Maxín, con pases ás 17.00 e 18.30 (requírese inscrición previa).

● O venres 30 de maio, ás 21.00, celebrarase no mesmo espazo o concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria, dentro do ciclo AgoraSón Primavera, en colaboración coas Bibliotecas Municipais (entrada por invitación).

● Xa en xuño, o sábado 7 terá lugar unha nova andaina cultural do ciclo A Coruña das Letras, titulada “As rúas que soan: da Pescaría ao Campo da Leña. Ópera ambulante”,guiada por Xurxo Souto (ás 11.30, con inscrición previa).

● O sábado 14 de xuño, tamén ás 11.30, realizarase a andaina “Historias ocultas da música popular: tras das pegadas de Manuel Cajaraville e as Pandeireteiras de Mens”, tamén guiada por Xurxo Souto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620