Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

‘Iribarne’, de ButacaZero, a gran gañadora na festa do teatro galego dos María Casares

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Dicía a autora de ‘Iribarne’ o ano pasado que a obra xurdira dunha “idea un pouco aloucada” co gallo do centenario do nacemento de Manuel Fraga. E a idea aloucada converteuse onte na gran protagonista da festa do teatro galego, na XXIX gala dos premios María Casares.

No teatro Rosalía de Castro da Coruña, o nome da obra da compañía ButacaZero foi o máis repetido sobre o escenario, ata en nove ocasións.

A peza, que aborda os pasados que derivaron no noso presente, obtivo galardóns a mellor vestiario (Diego Valeiras), mellor espazo escénico (Diego Valeiras e Xavier Castiñeira, compartido con Iris Branco por ‘O dragón de ouro’), mellor espazo sonoro (Berto), mellor texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), mellor actriz protagonista (Lidia Veiga), mellor actor protagonista (Anxo Outomuro), mellor dirección de movemento (Sabela Domínguez), mellor dirección (Xavier Castiñeira) e o “peixe gordo” o de mellor espectáculo, categoría esta última na que se impuxo a ‘Go Home’ e ‘O dragón de ouro’.

O outro nome máis repetido na gran noite do teatro foi o de ‘O dragón de ouro’, catro veces. A creación de Sarabela Teatro obtivo o premio María Casares a mellor espazo escénico (Iris Branco, compartido con ‘Iribarne’), mellor iluminación (Laura Iturralde), mellor adaptación/traudción (Catuxa Pato) e mellor actriz secundaria (Sabela Gago).

O galardón a mellor maquillaxe foi para ‘Pum! Pum! Quen hai?’, de Artika. O mellor actor secundario foi para Toni Salgado, pola súa interpretación en ‘Apaga o candil’, de Contraproducións. Na categoría de mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, o premio foi para ‘Os contos do lobicán’, de Redrum Teatro. Pola súa banda, o galardón de mellor espectáculo infantil recaeu en ‘Monstros’, de Producións Teatrais Excéntricas.

Reivindicacións

A gala comezou con reivindicacións en defensa do galego, dos medios públicos e gabando as “conquistas” que se fan desde a asociación e a unión, en relación ao aniversario da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que nos vindeiros meses cumprirá 40 anos de vida. Ás reivindicacións tamén se uniron a meirande parte dos premiados, que ben mediante voz ou vestimenta mostraron a súa oposición a Altri.

A festa dos María Casares non só celebraron o teatro galego e homenaxearon a esas “compañías de furgoneta” (que protagonizaron os recesos entre entrega e entrega), tamén celebraron a vida de Xabier Deive, falecido o verán pasado, a quen se lle otorgou o premio de honra Marisa Soto. “Demostraches que o teatro pode ser casa”, dicía a xunta directiva da AAAG sobre Deive. Tamén se lembrou a figura de César Lombera, Henrique Harguindey, Rosalía Dans e Finola Vázquez.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620