Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Falece na Coruña o actor e dramaturgo Manuel Lourenzo

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O actor e dramaturgo Manuel Lourenzo faleceu este domingo, 10 de agosto, na Coruña aos 82 anos.

Lourenzo, ademais da súa faceta como actor, foi un dos grandes impulsores do movemento teatral de Galicia con feitos como a fundación da Escola Dramática Galega na Coruña, do grupo teatral 'O Facho' e a Compañía Luís Seoane, e do seu traballo con Casa Hamlet ou coa tradución ao galego de obras como as de Bertold Brecht, Chéjov, Eurípides ou Goethe, grazas á súa formación políglota.

Autor tamén de obras como a novela 'O Moucho'ou 'Suite Artabria', o seu traballo orixinal deulle en 1997 o premio Nacional de Literatura Dramática pola obra 'Veladas indecentes'. Ademais foi premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude e galardón Nacional da Cultura Galega en Artes Escénicas.

Manuel Lourenzo foi moi coñecido entre o gran público polos seus papeis en series de televisión como 'Mareas Vivas' ou 'Fariña', na que interpretou a icónica personaxe do narco Terito ou a película 'O lapis do carpinteiro', baseada na obra de Manuel Rivas.

Políticos e integrantes da vida cultural de Galicia lamentaron o pasamento de Lourenzo. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que a cultura de Galicia "perde un referente inesquecible" e recordou que este mesmo ano foi homenaxeado co Premio da Cultura Galega en Letras. Pola súa banda, dende o BNG  calificaron Lourenzo como "figura central do teatro e audiovisual galego".

“Manuel Lourenzo non só foi un dos grandes dramaturgos galegos, senón o pioneiro que abriu as portas do teatro galego contemporáneo e o mestre que, desde a Casa Hamlet, formou xeracións de actores e actrices que hoxe seguen a súa senda", sinalou o concelleiro de Cultura da Coruña, Gonzalo Castro, que recordou tamén que na cidade herculina "compartiu escenario, aula e vida coas nosas creadoras e creadores, deixando un patrimonio teatral inmenso e unha rede humana que o recordará sempre con afecto e gratitude". "O público quíxoo tamén fóra das táboas, especialmente co seu Don Venancio en Mareas Vivas, ese oráculo do mar, que o converteu nun símbolo de proximidade e autenticidade para todas as galegos e galegos", rememorou o edil, que expresou o compromiso do Concello de que "o seu nome e a súa obra sigan presentes na programación e na memoria viva desta cidade".

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a "fonda pegada" que deixa Lourenzo "formando intérpretes na Escola Casa Hamlet, innovando e profesionalizando a escena".

Dende o FIOT de Carballo, que en 2018 recoñeceu Lourenzo co Xograr de Outono, sinalaron o autor como "imprescindible da creación do teatro galego", mentres que a Academia Galega do Audiovisual lamentou "profundamente o pasamento de Manuel Lourenzo, piar e refernte da cultrua galega contemporánea, que recibiu o premio de honra da Academia en 2021".

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara