Unha aplicación pensada para os cidadáns

O Concello da Coruña acaba de poñer en marcha o desenvolvemento dunha aplicación cidadá que facilitará o acceso desde todo tipo de dispositivos móbiles a diversos servizos municipais.


Esta iniciativa permitirá unificar nunha única aplicación servizos existentes noutras app municipais e, doutra banda, crear a base para incorporar progresivamente novos servizos. Cada persoa poderá personalizar a información que recibe no seu móbil seleccionado as súas preferencias e ao mesmo tempo realizar trámites ou pedir unha cita previa.


Trátase de que a aplicación vaia medrando de forma progresiva incorporando todos os servizos que se prestan na cidade (transporte público, bicicoruña, tráfico, calidade ambiental…) de forma que cada cidadán poda acceder de forma sinxela e intuitiva aos trámites e a todo tipo información municipal desde os seu propios móbiles.


O contexto xerado pola pandemia trouxo consigo unha aceleración no proceso de transformación dixital por parte das empresas e das administracións públicas e no goberno de Inés Rey temos claro que é unha aposta que non ten marcha atrás. Hoxe pódense facer máis de 85 trámites en liña a través da nosa web e o noso obxectivo é seguir avanzando na dixitalización de procesos para poder conseguir que o cidadán teña a Administración ao seu dispor no seu dispositivo móbil as 24 horas do día, os sete días da semana.


Neste momento no Concello da Coruña temos proxectos en marcha que superan os 3,5 millóns de euros en materia de ciberseguridade, teletraballo, cita previa ou novos servizos dixitais e as liñas de axudas para a transformación dixital e modernización das entidades locais do Plan de Recuperación do goberno de Pedro Sánchez anímanos a seguir nesa senda.

Unha aplicación pensada para os cidadáns

Te puede interesar