O Chuac logra a primeira certificación avanzada de calidade para Galicia no manexo da espondiloartrite axial

O Chuac logra a primeira certificación avanzada de calidade para Galicia no manexo da espondiloartrite axial

O servizo de reumatoloxía do Hospital Universitario da Coruña foi o primeiro en Galicia e o sexto en España en recibir a certificación avanzada de calidade no manexo da espondiloartrite axial (EspAx), outorgada pola Sociedade Española de Calidade Asistencial (SECA).


A Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA) avala a norma de certificación SpACE desenvolvida pola SECA xunto a Novartis, en colaboración coa Coordinadora Española de Asociacións de Espondiloartrite (CEADE).


O obxectivo deste programa de certificación é impulsar a mellora continua da calidade asistencial na atención dos pacientes con espondiloartrite axial en hospitais e unidades asistenciais do Sistema Nacional de Saúde, conseguindo o tempo óptimo no diagnóstico das EspAx e fomentado o co-manexo e seguimento do paciente crónico con esta patoloxía.


“Este recoñecemento, sinala Javier de Toro, Xefe do Servizo de Reumatoloxía do Hospital Universitario da Coruña, anímanos a seguir mellorando a atención próxima, personalizada e de calidade que queremos ofrecer aos nosos pacientes”.


Pola súa banda, “un control estrito e adecuado da enfermidade, apunta José A. Pinto, reumatólogo do Hospital Universitario da Coruña, facilita unha melloría máis rápida e mantida no tempo dos pacientes con espondiloartrite”.


Deste xeito, os centros sanitarios que se adhiran a este programa poden optar a tres niveles de certificación diferentes (básica, avanzada ou excelente) de acordo co cumprimento dos 14 estándares que consta a norma, os cales foron acordados por profesionais sanitarios das diferentes especialidades que atenden ao paciente con espondiloartrite axial xunto con expertos en calidade asistencial. 

O Chuac logra a primeira certificación avanzada de calidade para Galicia no manexo da espondiloartrite axial

Te puede interesar