Dos dobres xogos

Corríxanme se me equivoco, pero pareceume entender que o Tribunal Constitucional quere, dende a altura da súa maioría conservadora, fallar en contra de decisións acordadas pola Mesa do Congreso dos Deputados no proceso da pandemia. Ese mesmo Tribunal Constitucional, que ao igual que o Consello Xeral do Poder Xudicial, leva xa 1000 días de retraso en ser renovado –dende o 2018– incumprindo así o mandato constitucional que obriga a ser renovado no prazo legal que ten estipulado. Dirían os hamletianos que algo cheira a podre en Dinamarca. É novamente unha plasmación evidente da famosa lei do funil, onde todo ten maior ou menor importancia, accesibilidade ou garantías, en función da orixe e o destino da acción. De quen veña e a que intereses conveña. É unha cuestión de lexitimidade por que afecta á credibilidade e honorabilidade das Institucións. Como é posible que os que non deixaron os seus postos ao vencer o seu mandato, poidan ditaminar o que é legal ou ilegal se eles mesmos están inmersos nunha clara situación de alegalidade? Descúlpenme que insista, pero é que se me fai estraño escoitarlles falar de declarar inconstitucional calquera cousa cando todos sabemos, que eles levan 1000 dias incumprindo o mandato ao que lles obriga a propia Constitución. É un pouco aquilo recorrente de quen vixía ao vixiante. Non poden xogar con cartas marcadas e moito menos, que pareza que a imparcialidade e a xustiza poidan poñerse en dúbida. Os dobres xogos sempre deixan un cerco indeleble, que non desaparece e que será recordatorio dalgún tipo de incómoda incidencia . É sabido que non hai mancha máis difícil de lavar e de arrincar que aquelas derivadas da sospeita.


Construírnos é unha emoción de permanencia –dixo El– ese sutil esforzo de presións que definen un arco. Acaso sexa o feito de existir, ou ese desexo agraviado de añorarte...

Dos dobres xogos

Te puede interesar