Amparo Malo estrea en internet unha canción en homenaxe a Xela Arias

Amparo Malo estrea en internet unha canción en homenaxe a Xela Arias

A cantante e actriz coruñesa Amparo Malo, en colaboración co produtor musical Granha, estrean hoxe “Luz no delirio”, unha canción elaborada desde a admiración en homenaxe a Xela Arias, a poetisa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 


Trátase dunha composición sobre unha base electrónica cunha melodía creada por Malo empregando como letra o poema homónimo da homenaxeada “Luz no delirio”.


O resultado é un tema que mestura a electrónica co folclore galego a través da presenza marcada dun latexo que representa o son do corazón de Arias, en alusión á causa da súa morte en 2003 (fallo cardíaco). A canción poderase escoitar en Youtube e Soundcloud. 





Amparo Malo estrea en internet unha canción en homenaxe a Xela Arias

Te puede interesar