Do desconcerto na Condomina

Recreamos por enésima vez aquelo dos Tres tristes tigres. Tres sempre foi o número máxico. Vai dende a Trinidade ata as grandes triloxías que escribiron o mundo, e incluso tres era o número das fillas de Helena. E tres dos seus xenerais foron os traidores que mataron ao caudillo lusitano Viriato, cando incomodaba demasiado a Roma. Tres moi tristes parlamentarios de Cidadáns de Murcia, pasaron da rotunda denuncia por corrupción ao PP, e de entoar o ata aquí chegamos, a ser nomeados, case no mesmo instante, Conselleiros nese mesmo goberno que viñan de denunciar. E non semella ser pola cantidade de virtudes que adornan a súa xestión política. É dicir, que lles permitiron pasar a comer trigo no trigal no que eles tanto comen. Unha ruptura en toda regra do Pacto Antitransfugismo e sen disimular sequera a compra das súas vontades. Non me negarán vostedes que a realidade sempre supera a ficción. Lembro nas tardes de radio futboleras dos domingos na miña infancia, aquilo de Desconcerto na Condomina, cando as cousas non lle ían ben ao equipo murciano. Termo que pode ser utilizado hoxe coma titular elegante dunha situación traxicómica que evidencia, a mesquindade da condición humana por unha parte, pero tamén especialmente, que o PP non perdeu as artes en todo o que representa desmontar Mocións de Censura a golpe de talonario baixo o formato que sexa. Non importa o que pareza, o que pense a sociedade ou as leis morais ou pactos que haxa que infrinxir. Xa ocorrera con Esperanza Aguirre, e asoma de novo en Murcia. Ogallá a sociedade e a historia, volvera a dicirlle aquilo de que Roma nunca paga a traidores.

Tes o tremor conmovido dun poema –dixo El– e a linguaxe dun mar que sabe de sentidos. Creo na túa íntima luz e na oración secreta dos teus labios nun bico...

Do desconcerto na Condomina

Te puede interesar