OS ENVIADOS

EEUU manda en medio mundo, e nós estamos metidos nese medio mundo. Deberíamos estar atentos aos candidatos a presidente. As referencias relixiosas son diarias. Hai candidatos republicanos que se consideran representantes de Deus. Un deles, Santorum, fala de que é un enviado de Deus. Ninguén me vai facer caso, pero pídeme o corpo avisar de esta vellatolemia de quen se arroga tal privilexio. Hai loucuras que de seguido merecen a nosa reprobación. E temos inventado medicamentos contra as paranoias. Pero alomenos consideramos paranoias certos síntomas. Deberiamos estar avisados. Pero semella que nos vai a marcha dos desvaríos.

Un candidato que diga ser enviado de Deus e considere ademais lexítima a práctica da tortura, tería que ser desautorizado no momento e conducido a unha facultade de medicina para ser observado. Aquí tivemos a experiencia dun enviado de Deus, un home que algúns historiadores non o queren chamar dictador. Evidentemente un enviado de Deus a España, nunca debe ser chamado dictador oucousa similar fea. Faltaría máis.

Pero se quedase demostrado que non é ningún Deus que nolo mandou, daquela como o debemos chamar? Espero que o noso presidente actual, o sr. Rajoy, cando fala de “justo y necesario” e “Como Dios manda” non dea un paso máis nese camiño da linguaxe bíblica. Que non avance cara a paranoia dos elixidos e se quede na simpleza de pensamento. Amén.

OS ENVIADOS

Te puede interesar