CARAMBOLAS

Na política como sucede tamén no billar, por sorte ou pola habilidade do “xogador”, ás veces prodúcense carambolas que benefician a alguén que se atopa en dificultades.
Por sorte ou por habilidade, o presidente do Goberno atopouse cunhas carambolas que serviron para desviar a atención do grave problema do asunto Bárcenas.
 Unha foi o da independencia dos cataláns, amplamente “orquestrada” polos medios leais, que taparon durante un tempo ese espiñoso problema; outra, o ataque desmesurado protagonizado por un “inMaduro”; e outra máis, o “asunto Rato”, que destapa outro caso de corrupción.
Neste último caso, parece que estamos asistindo a un novo episodio de Saturno ou Cronos, devorando sen compaixón a un dos seus fillos predilectos, para desviar a atención da grave sospeita de corrupción que apunta a toda a cúpula do Partido Popular. No caso dos problemas diplomáticos, ambos os dous gobernos tentan desviar a atención cara a unha suposta agresión exterior. Como sempre se fai.

CARAMBOLAS

Te puede interesar