82 segundos, indiferencia desde a dignidade

|

A retórica parlamentar é ás veces un lastre para que o común dos mortais se interese pola actividade dos distintos parlamentos ou e mesmo dos plenos dos órganos lexislativos e de xestión. Ás veces os debates e exposicións so tan ríxidos e cargados de normativa que incluso nos plenos dos concellos causan aburrimento e desafección. Nesta regulación, as mocións de censura están deseñadas para garantir o debate e a contraposición de ideas, esta regulación tratase dun procedemento extraordinario, hoxe convertido por Podemos e VOX nunha ferramenta de imaxe corporativa para os partidos, ambos con sendas mocións que tiñan o fin de buscar a picota.

Asistimos en San Xerónimo a un debate regulado nos artigos 175 a 179 da Constitución Española, esa que case parece xa un dogma de fe para algúns, mais neste caso utilizada nunha “patochada” de acción política. Esta manobra de VOX, non ven máis que a deturpar o regulado na Carta Magna. En ningún momento pretende unha moción construtiva, simplemente usa a Constitución en beneficio propio, por uns minutos de gloria e televisión, nunha acción desesperada na loita dos marcos pola dereita. Xa fixo o mesmo Podemos tamén con ese fin, nesa irremediable realidade de que se retroalimentan no uso do mesmo manual político. 

Sorprendeu a resposta por parte da maioría dos partidos ao engado político dos ultra españolistas de VOX. Debatendo con eles posturas ilóxicas e sorprendentes nunha democracia moderna de estándares europeos. Repasando o discurso de reproches e citas incribles dáste conta do pouco nivel político actual en España. A opción máis lóxica, máis política e máis efectiva sería non entrar a debater cun candidato que estaba ben lonxe dos votos precisos. Neste senso dicir: GRAZAS Aitor Esteban. O PNV foi o único á altura da política europea, coma sempre. 82 segundos precisou o Portavoz Nacionalista Vasco para despachar a Abascal. Compartín varias veces mesa e mantel con Aitor, tempo de debate e fun anfitrión nas súas visitas políticas a Galicia. Sempre aprendín moito, sen trapalladas nin adornos, con realidade e pragmatismo esa é a súa impronta, a do que hoxe todos consideran o mellor Deputado do Estado. Aitor, como home versado na cultura dos nativos de Norte América, sabe que neste caso non vale nin hacha de guerra nin a pipa da paz, simplemente indeferencia, unha indeferencia dende a dignidade dun partido centenario e moderno á vez como é o PNV, como decimos en Galicia non existe maior deprecio que non dar aprecio. Outros mentres seguiron o xogo.

82 segundos, indiferencia desde a dignidade