Perdedores

Semella que a formación dun goberno está bastante complicada despois dos resultados das últimas eleccións. 
Os analistas políticos fan toda unha serie de combinacións para establecer as posibilidades de pactos e alianzas que permitan gobernar a este –segundo moitos– ingobernable país. 
E como sempre, o Partido Popular reclama o seu dereito a gobernar porque din que gañou as eleccións. Por suposto, non hai dúbida de que o PP foi a lista máis votada, mais tamén quedou claro que a opción preferida dunha grande maioría de votantes, por unha diferenza de 17 millóns contra 7, foi a de que o Partido Popular non gobernase. 
Xa que logo, pódese considerar vencedor quen colectou semellante rexeita dos gobernados? Por outra banda, os resultados amosan, máis unha vez, a inxustiza dunha lei electoral sen pés nin cabeza, que adxudica só dous deputados a un partido con máis de 9.000 votos e 6 deputados a outro con 3.000. As preguntas son, quen perdeu aquí? E, cando gobernarán os perdedores?  

Perdedores

Te puede interesar