ULTRAACTIVIDADE

Están os avogados de empresa dándolle voltas á sentenza do Tribunal Supremo sobre a ultraactividade, da que recentemente vense a coñecer a súa argumentación e votos particulares.
Os seus clientes están molestos porque a súa libre disposición –das relacións laborais– queda acoutada a uns mínimos.
É certo que os convenios colectivos caducan un ano despois de finalizar a súa vixencia, pero as condicións de traballo previstas mantense como condicións contractuais, dándolle aos traballadores unha cobertura básica en materia de salarios, condicións de traballo, quendas, mobilidade funcional e horarios.
A modificación das mesmas obriga ás empresas a iniciar un novo período de negociación coa representación sindical, ao abeiro do artigo 41 do Estatuto dos Traballadores. Previsiblemente, esta acabe en vía xudicial ante a falta de acordo entre ámbalas dúas partes.

ULTRAACTIVIDADE

Te puede interesar