Inflamación catalá

|

O día 14 de febreiro, os habitantes de Cataluña fan efectivo o seu dereito a voto. En plena pandemia e vaga de contaxios son obrigados a votar polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. Poden iso si escoller nun amplo abano de partidos políticos. Cómpre lembrar que esta convocatoria foi efectiva pola inhabilitación do Presidente Torra por uns lazos amarelos, spain is diferent.


Unha campaña en situación inflamada, que demostra o seu peso político no feito de ter un debate emitido para todo o Estado, por unha cale privada, quen verá iso en Galicia? Máis para min tamén foi unha campaña decepciónante no campo programático e das boas prácticas políticas. Podo falar con coñecemento e causa, porque participei nun acto político desta campaña para falar sobre Europa, por certo un acto moi interesante e con boas conclusións.


Como demócrata non me gusta, e non acepto, o veto auto imposto polas forzas de obediencia independentista para coartar unha posible forma de goberno o día 15. Non, a democracia non debe funcionar deste xeito, onde quedan as propostas e programas? Concordo en que o dereito a decidir de Cataluña é o seu lexitimo nexo de unión, mais hoxe por hoxe tamén é de xeito, dar resposta aos problemas da sociedade e buscar solución á crise que afecta a todos. No actual contexto a independencia pode esperar.


Tampouco é mellor a posición do PSC sobre a súa máis que probable relación con Vox para un hipotético pacto de gobernabilidade, vai Illa aceptar a investidura, se gana, co apoio dos da ultra dereita? Ou vai optar pola acción máis europea do cordón sanitario? que xa funciona por certo en Euskadi.


Imos ver, pola contra, unha normalización da política e a caída de fenómenos conxunturais como pasou en Galicia e tamén en EEUU? É difícil de valorar isto en Cataluña xa que ten unha situación moi inflamada que precisaba máis tempo, para asentar proxectos como o PNC dun nacionalismo pragmático, que poda mover posicións a un e a outro lado do veto. Veto, mal chamado de constitucionalistas e independentistas por varias razóns, a primeira é que os que queremos modificar a constitución tamén somos constitucionalistas aínda que non dogmáticos e os independentistas están na súa acción política lexitimados na propia constitución.


Veremos o domingo 14 se a inhabilitación de Torra non trae unha chea de convocatorias seguidas na pobre situación sanitaria que nos prexudica a todos.

Inflamación catalá