Seis bailaríns en escea, e múltiples formas de expresar en movemento

El Ideal Gallego-2011-07-27-014-67d8f002 marta garcía márquez > a coruña
  Cunha cana de pescar, unha mazá, seis pares de zocas, dous cubos e unha cinta que dispara música electrónica e ultrasons de seguido, a danza contemporánea gaña en riqueza. Faise moitas á vez e respira da tradición e do moderno sen que ningunha das dúas correntes lle estorbe á outra.
As compañías coruñesas Sólodos, Pisando Ovos, La Macana e Quique Peón Cía decidiron xuntarse para poñer en escena propostas tan diferentes que fan que uns aprendan dos outros e o espectador estea tan atento na hora que dura que pensa que, en realidade, leva menos tempo.
Os bailaríns quixeron compartir o seu novo proxecto co público en La Normal para experimentar aquelo que chaman “work in progress” cunha sucesión de propostas que por momentos adquiren una forma de bailar mecánica e pasan por ser muiñeira aderezada de cancioneiro popular. Sen máis.  
É precisamente a música a que inxecta de vida aos personaxes. Cando o ritmo torna lento, os danzaríns arrástranse polo chan coa pretensión de sobrevivir no espazo. No intre en que a banda sonora medra en intensidade, os seis parecen revivir. Nalgunhas partes ata recordan aos mortos resucitados do videoclip “Thriller”, de Michael Jackson. Os seus movementos un tanto robóticos contrastan coa sensualidade dos que van pegados á moqueta.

“Work in progress” > Unha vez que os profesionais da danza amosaron todo o que levan cociñando en privado, chegou o turno das preguntas. Deste xeito, unha señora ergueuse da súa cadeira disposta a aclarar unha dúbida. Quería saber canto tempo lles levara argallar a montaxe, ao que a propia Caterina Varela lle respostaba: “Toda una vida”. Porque cada unha das parellas formouse en dúo, en trío e por separado durante anos para depurar o seu estilo e diferenciarse no sector.
Por iso, os seis cren necesario a posta en común do aprendido. Para enriquecerse dos demais e amosar ao público algo que fermenta dentro deles e que non ten nada que ver co que fan os outros. O espectáculo “SeisdeCatro” serviulles aos bailaríns para representar o que doutro xeito non farían nunca: “Somos muy diferentes y esto nos abre las posibilidades de creación”. O grupo confesaba que era a primeira vez que o facían todo do tirón e aínda que a maioría das veces o executado melloraba á anterior, “temos días” pero iso non foi precisamente o que ocorreu onte.
Ademais, agradecían á Universidade a oportunidade que lles brindaba para que a iniciativa collera forma: “Hai outros organismos públicos con salas pero que non as ceden”.
El Ideal Gallego-2011-07-27-014-67db0a15O bailarín Quique Peón aportaba o matiz da tradición que “se pode levar aos tempos actuais e contemporaneizala”. O profesional dicía que “é a nosa expresión de país” a que pasa porque de repente os protagonistas se calcen unhas zocas e Rut Balbís e Caterina Varela porten unhas cestas na cabeza como o facían as mulleres de antes. Con panos para que non se manquen. Elas desprazaban cautelosas os continentes e estes terminaban esparcidos polo chan.
Os profesionais dicían que “SeisdeCatro” permítelles entrar na historia dos outros e que vai máis alá do que é a tradición e o contemporáneo: “Hay muchas maneras más porque es muy fácil nombrarlo así pero lo que hacemos unos y otros es muy diferente”. Neste aspecto, os seis aseguran que son un equipo, é máis, “unha pandilla que mete medo”, que conta con música gravada para a ocasión e que vai medrando como medra a posta en escena.

Estrea > O espectáculo estrearase dentro de dous meses no país de Costa Rica. A aposta terá tamén acubillo o 15 de outubro no Teatro Rosalía no que será o comezo dunha traxectoria, que parte da aprobación dos curiosos que se achegaban onte ao centro da Universidade. Os espectadores dicían que non estaban cansos. Que por eles seguirían vendo danza.

Seis bailaríns en escea, e múltiples formas de expresar en movemento

Te puede interesar