Os María Casares distinguen ao Grupo Chévere con cinco premios e un de honra

Os María Casares distinguen ao Grupo Chévere con cinco premios e un de honra
Luís Tosar asistía á gala como actor de “A ópera dos tres reás” quintana

 Dicíao un dos triunfadores da noite: “A cultura e o teatro non somos problema, senón parte da solución”. E proba diso foi o enxeño que despregaron a tres bandas os motores da gala dos María Casares en base aos mínimos recursos. Iolanda Muíños, César Goldi e Carlos Mosquera “Mos” fixeron grande un escenario en estado ruinoso da man de Obras Públicas para levar a festa pola reivindicación envolta en ironía nunha décimo sexta edición que alzou ao Grupo Chévere con “Citizen Total” como a máis premiada con cinco xerras e unha especial de Honra Marisa Soto para o espazo que foi o seu acubillo durante vinte anos.

A sala Nasa fixo erguer ao público da butaca mentres os seus artífices lembraban a esencia de quen levou a escena por camiños alternativos aos oficiais. Contaba Miguel de Lira que no día da súa inauguración, Roberto Vidal Bolaño non lle daba nin un ano ao teatro porque estas cousas eran como os fanzines para apostar un afeitado de bigote coa mesma Marisa Soto quen lle prognosticaba, pola contra, unha longa vida.

Bolaño tivo que botar daquela man da cuchilla, a mesma que tiña preparada onte a comunidade actoral diante de personalidades coma o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o concelleiro Miguel Lorenzo ou a vicepresidenta da Diputación, María Faraldo, entre outros.

Se ben os mestres de cerimonia sacaban a pasear aos Sarkozys e aos Beiras “que eran do BNG” e facían mención á recente destitución de Blanca Cendán ao fronte do Centro Dramático Galego (CDG), un presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Antonio Durán “Morris” arremetía contra un sistema no que as compañías ocupan listados de morosidade e o Centro Dramático ten cando menos un futuro incerto.

En canto aos premios, a gala repartiu María Casares de cerámica a seis dos espectáculos nomeados cunha peza revelación coma “Oeste Solitario”, de Producións Teatráis Excéntricas, que se antepoñía a “A ópera dos tres reás”, do CDG, con tres galardóns aínda partindo en desvantaxe.

Hai que lembrar que a obra de Luís Tosar, presente na festa, partía na quiniela con oito posibles pero remataba recollendo tan so dous nos apartados de vestiario e maquillaxe. Ademais, “Piratas”, de Teatro do Noroeste; “Pelos na lingua”, de Talía Teatro; e “Tango”, de Sarabela, levaban á casa unha distinción no transcurso dunha cerimonia que foi todo reivindicación. Foina por parte do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, que falaba da obriga da Xunta de protexer e dotar de recursos aos teatros nacionais.

Reafirmábase con María Ordóñez no escenario adicando o trofeo aos galegofalantes para que non acabaran sendo pezas do museo na Cidade de Cultura. A vicepresidenta da AAAG, Casilda Alfaro, era a encargada de falar sobre conseguido pola sala Nasa que foi acubillo do grupo Chévere, laboratorio, sonda do que pasaba fóra, nave nodriza e centro dinamizador. Pola súa parte, Xesús Ron que subía ao estrado por mellor espectáculo, director e o de Honra, sinalaba que “Citizen Total”, que sitúa a Amancio Ortega detrás do telón, era o reflexo do que está a pasar e un lugar de encontro “no que participamos todos”.

O seu éxito foi a confirmación de que a fórmula das compañías residentes funciona, aseguraba. Aínda que 2011 non se levou por diante a ningún dos que traballan no sector, si arrasou en canto a espazos. O minuto de silencio foi así para seis auditorios en stand by, o Festiclown e a Consellería de Cultura, nun recta final na que o mellor actor secundario, Vicente de Souza, dicía que era a hora de tomar actitudes. De comprometerse.

Os María Casares distinguen ao Grupo Chévere con cinco premios e un de honra

Te puede interesar