A Real Academia presenta unha obra fundamental para a toponimia galega

A Real Academia presenta unha obra fundamental para  a toponimia galega
lorenzo, alonso montero e santamarina, no acto de presentaciã³n da obra javier alborã©s

A Real Academia Galega presentou onte o segundo tomo da obra “Estudos da toponimia galega”, resultado dun traballo de recopilación dos artigos escritos por Nicandro Ares, “un dos grandes especialistas” nesta ciencia lingüística, en palabras do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
A obra, de tal importancia que aínda sen o autor presente –problemas de saúde impedíronlle aistir ao acto–, está considerada como un traballo fundamental para a toponimia galega. Así o explicou Ramón Lorenzo, coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, que gabou asemesmo a labor de recuperación e organización cronolóxica de todos os textos por parte de Antón Santamarina, editor da obra.
Este apuntou que o libro vai ser unha obras de consulta obrigada para os toponimistas polas voces que dilucida e pola documentación e hipóeteses que achega para facer entendibles outras voces.
E mesmo poder ser unha obra para divertirse, comentou, porque “ten un estilo bastante agradable de ler”. Especialmente, segundo indicaba, nos primeiros artigos publicados por Nicandro Ares, de tipo divulgativo, e sempre “con algunha pinga de humor que se lle agradece”.
Estes artigos foron os primeiros dunha prolífica obra desenvolvida durante 50 anos que conta con 178 textos. Formado no seminario de Lugo, con Francisco Vázquez Saco, membro da Academia e especialista en temas arqueolóxicos, os primeiros traballos de Nicandro, do ano 64, recollen estudos arqueolóxicos, sempre con algún toque toponímico. A partir do artigo catorce entra de cheo nesta disciplina, con textos publicados en sitios moi diversos, como o Boletín de Monumentos de Lugo, e revistas como Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial, Brigantium. Quince  publicacións diferentes das que houbo que recuperar os artigos para completar o compendio prensentado onte.
Desde un só topónimo ata chegar a textos máis longos, nos que trataba a toponimia de todo un concello, o contido do libro é moi variado, con especial atención ás voces opacas nas que a aplicación da congruencia semántica que rexe esta ciencia resulta imposible. Aquí ven a axuda de documentos medievales latinos e galegos, explicou Santamarina, que destacou que “neste terreo é onde se loce Nicandro”. Porque aparte de bo  coñecedor da gramática histórica do galego “ten un xeito moi especial para plantexar formas antigas” e dilucidar finalmente as voces opacas.
A extensión de seu traballo e o feito de que o primeiro escrito científico sobre a toponimia galega é do ano 52, pouco anterior ao primeiro de Nicandro Ares, que é do ano 60, fan do libro unha obra fundamental no estudo desta displicina.
E unha peza da literatura máis curiosa para aqueles que gusten de coñecer as orixes dos xentilicios.

A Real Academia presenta unha obra fundamental para a toponimia galega

Te puede interesar