Fernando Vázquez: “Seguimos tendo problemas na finalización”

O adestrador, dando instruccións na banda | alfaquí
|

Fernando Vázquez admitiu co Deportivo segue arrastrando problemas a hora de crear xogo ofensivo, tralo empate conseguido en Pasarón.
“Creo que fixemos un partido bastante interesante, pero seguimos tendo ese problema de profundidade e de finalización. Penso que controlamos o partido perfectamente, especialmente no primeiro tempo, no segundo tempo sufrimos un pouquiño mais, pero ben”, resumiu.

Recoñeceu que, tralo tanto de Rolan,“non agardaba o gol do empate, sabendo da nosa fortaleza defensiva”. Admitiu que tivera falta de “culpa” na xogada, que pensa que foi “un despiste”

“Estaba dando instruccións a Eneko cando sae ese balón e eso desenrola na xogada e faltaba un futbolista, que era Eneko, polo tanto, unha moi mala sorte, porque ese centro era defendible”, aclarou.

Pese a todo remarcou que estaba “contento en liñas xerais. Xogamos ante un bo equipo e contento co resultado, pero a sabendas de que puidemos conseguir máis”.

Choque equilibrado
Para él, visto o desenrolo do partido, as táboas poden ser un resultado xusto. “O empate sempre é xusto porque tú marcas un gol, eles outro e non teño nada que reclamar, podería decir que é un empate xusto”, comentou.

Ademáis, declarou que cos cambios de sistema neste partido e a entrada de xogadores como Gandoy, o equipo tivo máis control do xogo, sobre todo no primeiro acto.

“Notei máis control coa pelota, sobe todo no primeiro tempo, fomos quén de manexar a pelota con relativa facilidade. Faltounos máis profundizar por fora, porque tiñamos os nosos laterais sempre moi abertos e moi fáciles de contactar, pero había que saber facer cambios de orientación e non estivemos neso moi acertados”, dixo. Sobre Lara, comentou que pensou que “era o xogador que me ía gañar o partido” e apuntou que a expulsión  “foi unha decisión arbitral moi estricta. Doume a sensación de que estaba máis nervioso o árbitro cos xogadores”.

Sobre Rolan aclarou que a súa “calidade e indiscutible, ten que seguir subindo o seu nivel, para estar en plenitude, que non o está” e ve no bo camiño a Rui Costa. Cree co equipo ten problemas coa “lentitude propia, vai innata, hai que mirar tamén cómo somos”, non diría que non a reforzos en inverno e denunciou malas actitudes da grada contra Mujaid.

Fernando Vázquez: “Seguimos tendo problemas na finalización”