Un plan para compoñer o puzzle da conciliación da vida familiar e laboral

Un plan para compoñer o puzzle da conciliación da vida familiar e laboral
10 febrero 2018 A Coruña.- La población coruñes crece por segundo año seguido y supera los 244000 vecinos

"A redución de xornada é unha boa oportunidade para conciliar o traballo e a vida familiar e tamén para aproveitar e estar cos nenos. Porque non todo na vida é traballar”. Así resume Norberto Gil, pai de dous cativos de 3 anos e 9 meses, o que a Xunta vén de converter nun plan de conciliación e corresponsabilidade cun cento de medidas concretas. Desta maneira, Galicia convértese na primeira autonomía cun proxecto deste tipo, que presenta as ferramentas de cara a converter a tarefa de conciliar nunha rutina máis na vida dos galegos.
O obxectivo xeral da folla de ruta  é o reparto equitativo das responsabilidades domésticas e familiares de cara a facelas cadrar co mundo do traballo. En concreto, trátase de acabar coa tradicional división sexual do traballo, que aínda segue a dificultar o acceso, permanencia e progesión das mulleres no ámbito laboral. Desta maneira, o plan 2018-2021 que establece a Xunta camiña cara trascender o campo do regulamento dos dereitos laborais femininos para converterse nun pacto social que aposte pola corresponsabilidade.

Experiencias
Un pacto como o que hai nas casas de Norberto Gil, de Vigo, e José Veiga, de Santiago, ambos pais de cativos e ambos formando parte desta aposta pola corresponsabilidade e a conciliación a través da redución de xornada.
José Veiga, cos cativos –de nove e tres anos– na escola, asegura que dende o primeiro fillo xa tomaron a decisión de que el tiña que estar máis na casa e, por iso, conta coa redución de xornada do 19%. Grazas a iso poden repartir as tarefas para “coidar e tamén para desfrutar cos nenos”. Prefire iso á alternativa de “só velos unha hora ao día” e de que quede todo por facer”. Por iso recomenda este tipo de medidas: “Repartir lévase moito mellor, e máis se son dous”.
O mesmo asegura Norberto Gil, que xa durante o embarazo planeou coa súa parella os pasos a dar ao ser pais. “Ela ten horario partido e eu traballo a quendas”, así que a redución de xornada –no seu caso do 15%– converteuse nunha boa forma de conciliar a vida como pais coa de traballadores. “Eu saio de traballar e xa collo os dous pola tarde e de paso aproveito e estou con eles. Que non todo na vida é traballar”, di.
Esta proposta de converter en máis levadeiras as vidas familiares e laborais é a que camiña a través do plan de conciliación da Xunta, baseado en cinco eixes: xerar conciencia e coñecemento, coeducar para unha sociedade responsable, artellar unha nova cultura dos tempos, comprometer administracións e empresas e fortalecer os recursos de apoio para a compatibilización de tarefas. Todos eles suman un total dun cento de medidas concretas que se poñerán en marcha no período entre 2018 e 2021.
No que se refire ao primeiro eixe, que busca a sensibilización, destacan plans como a realización de campañas informativas, a creación dun sistema de información sobre maternidade e paternidade, a edición de materiais divulgativos, a consolidación de estatísticas sobre conciliación, a promoción de estudos e indicadores, o establecemento de acordos con medios de comunicación ou o impulso á visibilización do traballo doméstico.
O segundo eixe quere consolidar unha sociedade responsable con medidas como a elaboración dun programa educativo con perspectiva de xénero, a promoción da imaxe de homes e mulleres conciliando, a formación do profesorado, o deseño de actividades de sensibilización ou o impulso das Escolas de Nais e Pais. 
No terceiro campo quérese cambiar os usos do tempo a través de pactos locais, ordenación de tempo en municipios e áreas metropolitanas, fortalecemento da administración electrónica non presencial, sensibilización para que os medios adapten os seus horarios de programación, o apoio de iniciativas extraescolares de conciliación, a implantación de bancos de tempo. ou a difusión de boas prácticas de planifiación urbanística e mobilidade urbana e rural 
O cuarto ámbito ambiciona comprometer as organizacións e empresas coa conciliación responsable, un eixe que a Xunta considera fundamental tamén para facer fronte ao reto demográfico. Entre as propostas desta área destacan as axudas para a contratación de substituto durante o permiso de paternidade, a aplicación de cláusulas de preferencia na contratación pública ás empresas que presenten medidas de conciliación, a equiparación progresiva na Función Pública dos permisos de maternidade e paternidade, incrementando o permiso de paternidade de cinco a sete semanas, ou a implantación entre o persoal funcionario dun permiso extra de catro semanas en caso de parto, durante o que se percibirá o 75% das retribucións, e que poderá disfrutar calquera dos proxenitores.
Por último, o quinto eixo é o que fai provisión dos recursos de apoio, soporte e compensación, con medidas como a consolidación, ampliación e mellora da rede de escolas infantís, a apertira de garderías en zonas empresariais, o apoio a vítimas de violencia de xénero, o fomento do ocio e o tempo libre e dos recursos de proximidade na atención a maiores e dependentes, o reforzo de programas de respiro familiar, a promoción da conciliación a través da redución de xornada dos homes para o coidado de menores, o mantemento e ampliación de axudas directas como o Bono Concilia e o Bono Ciudado ou as bonificacións no transporte público.

Un plan para compoñer o puzzle da conciliación da vida familiar e laboral

Te puede interesar