A obra máis recoñecida de Clara Campoamor estréase en galego

Celia Pereira e Marta Núñez durante a presentación de onte na libraría Berbiriana | patricia g. fraga

O pasado martes cumplíronse 88 anos dende que, grazas ao impagable labor de Clara Campoamor, lográrase por fin en España o sufraxio universal, é dicir, que dende aquel momento as mulleres tamén poderían exercer o seu dereito ao voto.

Case noventa anos máis tarde, o libro no que Campoamor plasmou o seu arduo labor logra unha traducción ao galego, da man da editora Celia Pereira, quen presentou esta obra onte na libraría Berbiriana, xunto a Marta Núñez Corbalán.

Co título “O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu”, a obra de Campoamor chega ao galego, tal e como explicaba Pereira, “porque temos unha cultura propia” e, por tanto, “os clásicos da literatura deben estar accesibles na nosa propia lingua”, sinalaba a editora.

Pereira destaca que a súa relación coa obra de Campoamor naceu hai uns 18 anos e sinala que naquel momento lle pareceu unha "muller moi interesante e á que se lle podía sacar moitisimo partido, non só no político, senón tamén no intelectual”. Destaca tamén Pereira que semellaba “moi ben escrito, dende o punto de vista literario”, feito polo que “xa paga a pena a súa lectura”. Todo isto foron algunhas das razóns que a levaron a reeditala.

Nesta nova versión, a editora engade un prólogo no que “celebrar as coincidencias”, xa que os votos que permitiron a ratificación do sufraxio universal foron catro, e, “casualmente”, catro eran os deputados galegos, que despois pasarían dalgún xeito a movementos galeguistas.

A obra máis recoñecida de Clara Campoamor estréase en galego

Te puede interesar