Reportaxe | Unha comedia de situación que dá conta do “inclusiva” que é a sociedade

Reportaxe | Unha comedia de situación que dá conta do “inclusiva” que é a sociedade
el ideal gallego-2018-11-27-036-5163e0af

A asociación Proxecto Máscaras presenta este xoves ás 19.00 horas no teatro Rosalía o capítulo piloto da SitCom “Na vida pública”, titulado “Do meu que?”, dentro de Festi=, que se construiu entre Aspronaga, Grumico, Calasancias e a propia entidade nun facer voluntario que levará á butaca a enfrontarse coa realidade dos que teñen unha discapacidade. 

O proxecto englóbase dentro do programa “Cultura inclusiva” da Fundación Emalcsa e conta tamén coa axuda da Deputación e outras empresas e institucións como Repsol, Fundación María José Jove, Fundación Sabadell, Vegalsa ou o Muncyt, onde tivo lugar parte da rodaxe do episodio que esperan aumentar con outro oito máis para tratar de que a SitCom teña difusión en plataformas audiovisuais. 


Influenciados por series como “Modern family”, os directores Isabel Iglesias e Iago González elixiron a comedia de situación porque lles dá pé a desenvolver argumentos a longo prazo, e “é moi dixerible”, para rebozar a rutina das persoas con discapacidade dun humor que envolve o contexto e “non vai sobre as persoas”. Para escribir o conto, contaron co apoio de Carlos Ares e a actriz Isabel Risco, que se cola no elenco para facer un guiño.

A acción comeza cun cásting ao que se presentan candidatos variopintos. Eles serán os personaxes, actores todos eles non profesionais que lle inxiren unha personalidade aos papeis de tal forma que Isabel conta que a historia se acaba de pulir en directo cando o botón da cámara está vermello e se suceden planos longos que inclúen nalgúns casos coreografías. 

Antes da proxección, os que participaron na iniciativa protagonizarán unha sesión de pleno “casi real” no Concello ás 17.30 horas, onde acudirán o alcalde e un representante político de cada partido a reflexionar en alto sobre a situación do colectivo. Aquí conta Isabel que non queren “buenismos” nin “moralinas”, que é algo así como darlle leccións ao espectador. Tampouco se basan na frase “Es que son iguales que nosotros” e deixan que sexa o espectador quen saque as súas conclusións do que ve. Os rapaces, di a codirectora, están encantados e “orgullosísimos” do feito.

Iago e Isabel entenden que colaborando con iniciativas deste tipo axudan a que todo sexa posible: “Gústanos enfocalo desde o positivo”. A cinta pretende que con situacións sinxelas que foxen do paternalismo, os coruñeses se decaten o xoves do pouco inclusivos que “podemos ser”. A pregunta que xorde tras o visionado é “que e quen é o normal?” Ou quizais, din desde Máscaras, a clave está en que esa pregunta, “nin sequera xorde porque todo é normal: inclusión”. 
Para poder ver a estrea de “Do meu que?”, os interesados teñen que inscribirse en http://asociacion.proxectomascaras.com/na-vida-publica-sitcom/.

Reportaxe | Unha comedia de situación que dá conta do “inclusiva” que é a sociedade

Te puede interesar