A cuadraséximo sétima Feira do Libro moverá preto de 100.000 exemplares do 1 ao 10 de agosto

A cuadraséximo sétima Feira do Libro moverá preto de 100.000 exemplares do 1 ao 10 de agosto
Nani Regueira falou da importancia de adicarlle espazo aos nenos porque son os futuros lectores | javier alborés

Un total de 36 casetas acamparán do 1 ao 10 de agosto en Méndez Núñez no que será a cuadraséximo sétima edición da Feira do Libro. Tempo no que as letras rezumarán a través de 78 actividades onde serán espectáculo, lectura, sinatura ou canción, nun entramado ao que se sumarán os cómics de Viñetas desde o Atlántico para completar o crebacabezas creativo. 
Haberá preto de 100.000 exemplares pululando no perímetro dispostos a crear e manter ese hábito que moitas veces se abandona de nenos, como explicou na presentación Nani Regueira, a coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia. 
Por iso, nesta entrega dedícaselle aos pícaros un apartado especial que os levará a un xardín, o dos libros, e a conquistar unha atalaia, a dos Cantóns, para programar citas narrativas e montaxes todas as tardes. 
Inauguración 
O escritor Xavier Senín será o pregoeiro o día 1 ás 12.30 horas dunha feira, na que terá presenza tanto a Federación de Libreiros como as librarías da Coruña pilotando a programación complementaria, cun cento de sinaturas de autores, entre os que se atopan Lucía Cobo, Arantza Portabales, Antonio Manuel Fraga, Elías Saavedra, Alfredo Conde, Eva Veiga, Ledicia Costas, Iolanda Zúñiga, Cándido Barral ou Xurxo Souto. 
Celebraranse, tamén, en dúas carpas, 78 actividades para público adulto e infantil, ás que se sumarán as 20 propostas da nova edición de O Xardín dos libros, proposta impulsada desde o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), “e que amplía o espazo cultural en Méndez Núñez”, apuntou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, quen estivo acompañado de Nani Regueira e o delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro, quen falou da necesidade de reforzar o libro en galego e internacionalizalo.
A carpa grande acollerá presentacións de textos como “Grandes éxitos”, de Antonio Orejudo; “Poesía Erótica: cantar de corpos”,  de Correa Corredoira e Yolanda Castaño; “Fariña”, de Nacho Carretero; “Galicia en bus”, de María Reimóndez; “Honrarás a tu padre y a tu madre”, de Cristina Fallarás; “Fálame do silencio”, de Pablo L. Orosa; ou “Contra todo isto”, de Manuel Rivas, un autor que sempre atrae moitas visitas. O coruñés estará o 9, ás 20.30 horas. 
Os eventos abordarán todos os xéneros literarios, non só a novela xa que a curiosidade incide cada vez máis en biografías e en libros de viaxe, contaba Regueira. Porque “un quere coñecer aos escritores”, eles estarán na feira. Locais, galegos e estatais, os nomes que son quene de agrandar a imaxinación pisarán o verde, os consagrados e tamén os que están despuntando, así até 250 persoas, o que dará unha media de 25 ao día. Este ano, explicaba Nani Regueira que as citas literarias programadas en Galicia ao aire libre toman o lema de “Ler ser fronteiras”, en homenaxe a María Victoria Moreno, sen fronteiras de xénero e sen fronteiras de orixe do libro, pero, sobre todo, sen fronteiras para o maxín. l

A cuadraséximo sétima Feira do Libro moverá preto de 100.000 exemplares do 1 ao 10 de agosto

Te puede interesar