Sogama incrementa a súa contribución á reciclaxe do lixo en masa en preto dun 300%

Sogama incrementa a súa contribución á reciclaxe do lixo en masa en preto dun 300%
18 marzo 2012 página 21 a coruña.- sube la productivdad del centro de sogama vista del vertedero de areosa

Nos primeiros seis meses do ano en curso, Sogama incrementou a súa contribución á reciclaxe do lixo en masa nun 290 por cento.
Se no mesmo período do 2013 a Sociedade lograba separar 4.814 toneladas de material para remitir aos centros recicladores, fundamentalmente aluminio, férrico e aceiro residual, no 2014 esta cifra subiu ás 18.799 toneladas, e isto debido fundamentalmente á incorporación da selección do vidro, que representou no cómputo global un total de 12.635 toneladas (67,21 por cento), ás que habería que engadir as 6.071 de aceiro e aceiro residual, así como as 93 toneladas de aluminio.
Para a separación destes residuos depositados erróneamente pola cidadanía na denominada bolsa negra (contedor verde convencional), a entidade utiliza procedementos mecánicos: electroimáns parao aceiro, correntes de Foucault para o aluminio e mesas densimétricas para o vidro.

Cribado
En xaneiro do 2014 poñíase en marcha, por parte do Grupo Daorje, adxudicatario da recuperación do vidro seleccionado no complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, unha planta de cribado no lugar de Areosa, pertencente igualmente a este municipio coruñés
Alí se procede á depuración do material, remitíndoo posteriormente á instalación que a firma ten na localidade ourensá de Verín, onde se somete a un novo proceso de limpeza e separación por cores, viaxando desde alí ás vidreiras para ser convertido en calcín e proceder á fabricación de novos envases, pechando o ciclo de reciclado.

Aforro
E é que, coa reciclaxe de un quilo de latas de aceiro, afórrase a enerxía suficiente para manter acesa unha lámpada de 60 W durante dous días, e coa dunha soa lata de aluminio, pódese facer funcionar un televisor durante tres horas.
Respecto ao vidro, por cada tonelada que se recupera, afórrase unha tonelada das materias primas virxes que farían falta para fabricar vidro novo. Co reciclado de catro botellas, lógrase que un frigorífico funcione un día completo, e co de 3.000, evítase a extracción de 1,2 toneladas de materias primas, minimizando, ademais, a erosión do solo.
Neste sentido, cabe recordar que dun envase de vidro pódese extraer outro con idénticas características, sen perder un ápice de cualidades.
A Dirección de Sogama non dubidou en incorporar este material, contido no residuo convencional, ao proceso de reciclado, evitando a súa acumulación no depósito de inertes do complexo medioambiental de Cerceda, tal e como se estaba a facer dende a súa posta en marcha.

Sogama incrementa a súa contribución á reciclaxe do lixo en masa en preto dun 300%

Te puede interesar