Rotundo éxito de público e de participación

Rotundo éxito de público e de participación
o das escolas municipales de laracha foi un dos 16 equipos ac

A segunda edición do torneo José Antonio Vega que se celebrou no Concello da Laracha foi un rotundo éxito organizativo e tamén de asistencia, contabilizándose ao longo de todo a xornada a presenza dunhas 650 persoas entre os 150 xogadores e os máis de 500 espectadores que acudiron como público aos pavillóns municipais da Laracha e de Paiosaco.

O evento foi organizado polo Concello da Laracha, as Escolas Municipais de Baloncesto da Laracha e os clubs CB Artai e Escolas Carballo Basket Xiria.

Participaron en total dezaseis conxuntos das categorías de idade prebenxamín (mixto), alevín (feminino) e infantil (masculino) procedentes de diversos puntos da provincia, como A Coruña, Santiago de Compostela, Santa Comba e Culleredo, ademais da Laracha e de Carballo.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Patricia Bello, edil responsable da área de deportes, foron os encargado de entregar os trofeos aos clubs e tamén das medallas a todos os rapaces que participaron como xogadores.

O torneo en homenaxe a José Antonio Vega, veciño da Laracha que fora membro do equipo técnico e delegado do club Carballo Basket Xiria durante vinte anos, foi a gran festa do baloncesto de base e comeza a consolidarse como unha das citas deportivas máis importantes do Nadal na comarca de Bergantiños.

Rotundo éxito de público e de participación

Te puede interesar