Último día para visitar a exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna”

|

redacción > a coruña
 Último día para visitar a exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)”, que recolle obxectos e imaxes do arranque da modernidade na cidade, desde os discos dos grupos musicais con raíz preto da Torre ás diferentes revistas e fanzines que máis influíron no movemento, así como as diferentes imaxes das accións culturais xunto aos artistas que fixeron florecer a súa impronta pictórica e literaria a carón do Atlántico.
O curioso poderá achegarse ademais á figura de Lois Pereiro ao que hoxe lle renden un homenaxe as letras dos país e que está presente na mostra en medio dunha época de grande trascendencia cultural, que tivo un grande eco nos medios. Foi a rúa a gran protagonista deste período. Ela foi capaz de romper cos tradicionais itinerarios da produción e presentación. A grande renovación cultural que se deu no estado tivo na cidade un dos seus epicentros principais.
Por outra parte, a exposición “Elos”, da artista Paula Gómez del Valle, clausúrase hoxe tamén na Casa de Cultura Salvador de Madariaga.

Último día para visitar a exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna”