Reportaxe | Por aquelas primeiras que saían en Xuxán e Cernadas

O barrio degustou preto de 150 kilos de fresa de Gueixade, Xica e Eroski | quintana
|

Contan que hai máis de 50 anos, no que dentro de pouco será barrio do século XXI, de cinco alturas e ofimático en orixe, medraban as primeiras fresas do ano. En Xuxán, Eirís de Abaixo e Cernadas, esta pranta acadaba altura máis rápido que no resto e por iso exaltábano nunha festa que ao principio era en xuño acorde coa súa colleita: “Pasaba o mesmo coas patacas en Feáns, antes non había transporte como agora e as de alí eran as primeiras que se comían”. Por cousas así, a fresa voltou hai catro anos para darlle identidade a un barrio como Eirís que onte degustou preto de 150 kilos de Gueixade e Xica, e tamén as que aportou Vegalsa Eroski. Aínda que hai veciños da zona que seguen a cultivar a fresa, a asociación vecinal Uxío Carré ten unha parcela na horta comunitaria que hai no parque e esperan que para o ano, poidan unirse ao festival.
Mentres, as festas pasaron deste rico elemento aos contacontos, a obradoiros medioambientais e á terceira edición do campeonato de fútbol feminino e de chave. Tamén actuou Pablo Díaz nun concerto moi especial por ser el de alí, onde tocou músicas do mundo. Foise voando cos rapaces a Canadá e na viaxe de volta pasaron por Cuba e Brasil para quedarse no terruño a cantarlle unhas pezas. Ademais, presentou o novo “Coas miñas mans”, no que fala da importancia das articulacións nunha posta en común sobre o verde que se completou coa entrega de premios ás distintas modalidades deportivas e un concerto de folk. Á noite, os residentes de Eirís bailaron “Despacito” e máis hits deste verán coa orquestra Os Satélites. Soas, mesturadas con nata ou azucre, as fresas apenas pararon na festa. Poucos minutos duraron intactas. Por elas, Eirís voltou a festexar. l

Reportaxe | Por aquelas primeiras que saían en Xuxán e Cernadas