Galaxia edita un “Ulises” de condición libre e sen apuntes

Galaxia edita un “Ulises” de condición libre e sen apuntes
Copia de El Ideal Gallego-2014-01-25-015-c5cb13c2

A tradución do “Ulises”, de James Joyce, que presentaba onte Galaxia na Real Academia Galega tiña o seu xermolo en 2003 cando a editorial decidía publicar os fragmentos que Otero Pedrayo vertía na revista “Nós” sobre o clásico e, sobre todo, tras o traballo que remitía a profesora Kerry Ann McKevitt acerca da achega do ourensán.
Nese momento, o director Víctor F. Freixanes pensaba na posibilidade de volcar todo o texto ao galego para encaixalo na colección de “Clásicos Universais”, onde todos os que están gardan relación cos escritores actuais. Un ano despois, un equipo de tres profesionais que terminou sendo de catro poñíanse a interpretar as verbas de Joyce. Contaba o director de edicións, Carlos Lema, que cada un escolleu unha parte, pero que todos se intercambiaron o feito e non houbo respiro até que en 2006 o herdeiro do legado do inglés se negaba a ver máis publicacións da obra.
Isto supoñía unha paréntese obrigada que se pechou cando no 2013 os dereitos de autor deixaron de ter vixencia. Houbo que esperar un ano máis para que o volume entrara pola porta da sede da rúa de Tabernas coa característica de non ter máis apuntes engadidos que un limiar no que se relaciona ao “Ulises” coa xeración Nós. O resto é James Joyce en todas as súas variantes. Porque esa realmente era a intención do escritor, que a trama de condición libre levara ao lector por distintos camiños.

Galaxia edita un “Ulises” de condición libre e sen apuntes

Te puede interesar