Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Vivimos nunha estraña contradición. Por unha parte, todos os organismos internacionais indican a boa saúde da economía española, que segue creando emprego, e que subiu 0,5 puntos no 1º trimestre mentres que o conxunto de Europa entrou en recesión. E sen embargo Feijóo, que está que bota por fóra dende que se coñeceron os resultados do 28M, segue falando a micro aberto de crises, apocalipses e demais termos consubstanciais, para definir á traxedia -segundo el- da economía española. Quizás todo radique no bo resultado que lles deu a manipulación da verdade nesta pasada campaña; tamén en que o drama e o apocalipse chegan mellor aos cidadáns, e venden moito máis fronte a unha verdade que é positiva, pero tamén máis monótona e aburrida. Non sabemos nada do programa electoral de Feijóo, só que as cousas soltas que vai prometendo, xa están en vigor. Pero o único que repite ata o paroxismo, é o mantra de derrotar e desmontar o sanchismo. Evidentemente non é un slogan inocente nin baladí. Ademais de propoñer en negativo, pretende que se identifique a un goberno lexítimo, democrático e transparente, cos movementos populistas e caudillistas, que dominaron no panorama iberoamericano, e que destacan precisamente polo contrario. Feijóo xoga a parecer moderado, pero o certo é que  está radicalizando o seu discurso. As distancias que tiñan que terse marcado con rotundidade con Vox, non só non se marcaron, senón que parecera que se discute a propiedade dos marcos. Así asistimos a auténticas cerimonias da confusión e do esperpento, coas iniciativas populistas en Castela e León, Andalucía etc, que ata rebaten e cuestionan as lexislacións estatais e europeas. Insisten machaconamente no negacionismo e na  ocorrencia. Por moito que vaian contra o evidente, prometen continuar sen correxirse, nin enmendarse; custe o que custe e caia quen caia.

Estás no patrimonio íntimo da dor que nunca cesa...