Do cinismo estratéxico

Xa viñamos advertindo sobre o particular. Os personaxes creados e impostos a base da aplicación de técnicas de marketing, teñen os pes de barro e sucumben ante o primeiro escollo no que o nivel de esixencia sexa un pouco elevado. E a iso asistimos nesta semana.  Feijoo practica con asiduidade e convicción  o cinismo estratéxico, e lle saen de xeito natural a arrogancia e a soberbia. Un pouco como as cousas  ridículas do novo rei Carlos III, que veñen nel de serie. O debate no Senado foi coma unha tormenta que o deixou noqueado e os seus, tremendamente preocupados, esixíronlle que se puxera as pilas. Dende que chegara a Madrid, semellaba ir sempre en modo paso maniobra e que nada ía con el. Tralo varapalo, e  para disimular, non se  lle ocorre mellor idea que dicir que perdeu o debate porque non o preparou, que prefería  estar coa xente nunha feira. Outra vez coma Carlos III que acaba de chegar e pide un día libre. Quere xustificarse pero sen asumir plenamente as culpas, para non amosar debilidade, ou que poida entenderse como incapacidade ou incompetencia. Un claro exercicio de cinismo. Pero tamén de soberbia xa que intenta escusarse cunha causa, pretendidamente altruista, para facer esquecer o grave incumprimento das súas obrigas como responsable dunha organización política e do que se espera altura e seriedade. Para máis inri, o Grupo Popular Europeo, con Von der Leyen á cabeza, acepta e asume os postulados enerxéticos do Presidente Sánchez e igualmente aproban a suba de impostos ás eléctricas. Só Feijoo segue co pe cambiado, e insiste e persevera na defensa dos poderosos. Xa perdeu valoración e deixa de ser primeira forza nas enquisas. Atopouse coa realidade. Resistirá mentres o poder económico, que manexa o control mediático, o permita. Empezan os cóbados e os corrillos.

 

Permaneces na intimidade da luz –dixo El– na penumbra sentida de quererte...

 

Do cinismo estratéxico

Te puede interesar