Da suposta moderación

De que Feijóo non era ningún fenómeno, tiñamos amplo coñecemento en Galicia dende tempo atrás. Que o descubrimento desta realidade sexa noticia en España agora, polo elevado nivel de erros, descoñecementos e meteduras de zoca, é un claro exemplo de quen non hai peor xordo que o que non quere ouvir. Pero velo coma unha cometa movéndose ao son dos ventos que lles sopren, e dos fíos que lle aperten, produce ata rubor. Que non controla o PP é unha obviedade. E que é un experto en dicir e desdicir, xa o demostra cada día. 
 

Que anuncia (dende a moderación) promete e despois recúa (dende a moderación), utilizando calquera subterfuxio que lle poida servir de coartada –perdendo peso e autoridade con cada unha desas manobras- é algo que a sociedade comproba con cada noticiario noso de cada día. Toma decisións que entran de cheo na frivolidade máis absoluta (con moderación) incumprindo mandatos constitucionais e xogando (unha vez máis con moderación) ao bordo do abismo. Ceder ante os duros de Ayuso e ante liñas editoriais influíntes, mudando posición e criterio,  é seguir negando unha realidade que esixe rigor e responsabilidade. Demostra novamente que nunca está no cumprimento nin na resolución, nin aporta medidas -ou no seu defecto apoios parlamentarios- para axudar a  que se poñan en marcha medidas que palíen as situacións de crise destes tempos. Ao mellor é unha cuestión de terminoloxía, e moderación significa algo diferente. Lembro que os profes nos ensinaban que,  para poder comparar a perfección de dous corpos, precisaríamos ter definidos elementos de análise fiábeis. E neste caso, non cumpren con ningún dos paradigmas. A moderación de Feijoo é similar ao conto do traxe inexistente do emperador. O que nunca imaxinaron é que a sociedade, puidera descubrilo en tan pouco tempo.
 

Saberte, ten a fertilidade das primaveras; a promesa comprometida da emoción que desborda reiteradamente o tempo...

Da suposta moderación

Te puede interesar