Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Pecha con gran éxito a segunda edición de O Encontro de Sober, organizado por Cesuga

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Venancio Salcines, presidente de Cesuga, responsable de O Encontro de Sober, asegurou na súa clausura que “estamos ante un novo paradigma. Estamos ante un cambio porque o que temos é desexado. Esa Galicia que por primeira vez queda e traballa, esa Galicia que saca a esta terra da pobreza, o noso talento, por primeira vez, está todo aquí. E hoxe temos algo máis, hoxe estamos na Galicia consciente, que sabe que estamos ante un cambio de xogo, de economía. Hoxe somos a Galicia consciente de que sós levantamos esta terra, e sabemos algo máis, sabemos que xuntos a podemos levar a novos soños”.

Pola súa banda, a Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, afirmou que “este é un foro onde debater sobre o presente e o futuro do rural galego pero ao final é un foro onde debater sobre o presente e o futuro de Galicia, que está a ligado á industria e cremos que ten que ser unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas”. Unha mensaxe de colaboración, impulso e convencemento de que o rural ten futuro foi o que se transmitiu durante as mesas celebradas onte á mañá, unhas mesas nas que se manifestou a necesidade de cooperar, incidir e potenciar a comunicación entre sectores e organismos, flexibilizar trámites burocráticos para permitir o emprendemento, así como a importancia da innovación tecnolóxica para incrementar a eficacia. Non estivo exento do debate o cambio climático, que preocupa á maior parte das industrias hoxe en día.

Asimesmo, entregouse o premio Capitais Europeas de Inclusión e Diversidade 2025 ao alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez, ao quedar finalista de entre 82 candidaturas locais de toda Europa, nun ambiente de  satisfacción xeral, positivo, de debate aberto e intercambio de ideas para Galicia

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620