viernes 27/11/20

Vázquez: “Preocúpame que a xente perda a ilusión e a fe”

O adestrador explica que o Deportivo tenta “ser un equipo que intenta roubar alto e transitar para facer gol” e asegura que está a recibir “críticas porque as expectativas eran incribles”

“Nos campos de
herba artificial, as
diferentes técnicas
e incluso tácticas,
se igualan”, asegura
| qu intana
“Nos campos de herba artificial, as diferentes técnicas e incluso tácticas, se igualan”, asegura | qu intana

O Deportivo non comezou a tempada como esperaba a afección e hai críticas. Ante esa situación, Fernando Vázquez pide calma, tempo e confianza nos xogadores.

“A crítica é necesaria, pero bueno, non sei se precipitada neste caso. Só quero trasladar unha opinió,n que non podemos caer na tentación, na idea, de que, evidentemente, temos o obxectivo conseguido ou nada. Estamos empezando a liga, todo o mundo sabe como foi a pretempada, e teño a impresión de que temos que ter xa o obxectivo conseguido ao segundo partido. Preocúpame que a xente poda perder a esperanza, a ilusión e a fe nos xogadores”, admitiu.

1Con confianza, todo resulta máis sinxelo

O de Castrofeito explicou que o camiño é máis doado se hai apoio. “Un equipo, un futbolista, desenvólvese mellor, na evolución da tempada, se está arroupado e sabe que a xente cre neles. É importante sentir eso. O ano pasado, a sensación de que a xente estivera detrás do equipo apoiando foi clave para poder achegarnos á permanencia. Que xa nos inicios o equipo sinta que non hai esa unidade, esa fe, esa comunicación entre afición e equipo... Realmente podería dicir que o equipo vai ser aquelo que os afeccionados queran que sexa. Se ti cres no equipo, o equipo vai dar un nivel superior e ser un equipo máis competitivo e cun fútbol mellor”, comentou.

Se ti cres no equipo, vai dar un nivel superior e ser máis
competitivo

A desconfianza, nótase. “Se desconfías do equipo, ese feeling chega ao equipo e é posible que non se poda chegar ás cotas para o que eu creo que está preparado. É a famosa profecía autocumprida: se ti cres que o equipo non da, posiblemente non de. Pero se cres que da, e apoias, o equipo dará niveles superiores. É importante saber que o obxectivo tense que conseguir cando se ten que conseguir, o que hai que facer agora é que os futbolistas sintan que son bos xogadores, e que van formar un bo equipo. Axudaría ao adestrador, ao equipo, ao clube, que esa unidade que me transmitían o ano pasado non se rompa de inicio porque quizá o equipo non estea a xogar como se esperaba que xogase. Falta tempo, o equipo ten desenvolverse por diante e temos futbolistas que non están nun estado de forma excelente. Necesítase confianza, unidade, apoio, para que o equipo creza con esa sensación de que todo o mundo confía nel, pero as críticas, sempre e cando sexan positivas e non destructivas, son válidas e acéptoas”, apuntou.

2 A terceira parada, Unionistas

O Depor enfróntase a outro equipo que non coñece a derrota. “Intento concienciar aos xogadores de que temos que tratar aos rivales de igual a igual e valoro a Unionistas como un rival que nos vai poñer as cousas dificilísimas. É un equipo ben adestrado, ben preparado. Non me canso de repetir que en Segunda B hai moi bos entrenadores. Despois, temos o handicap de xogar en artificial. Nos campos de herba artificial, as diferentes técnicas e incluso tácticas, se igualan moitísimo. Están máis adaptados. Non busco excusas, pero son realidades. Imos ter problemas e dificultades, máis aló do nivel do rival, que venceu ao Compos e empatou na casa do Pontevedra”, dixo.

3O sistema de xogo 4-4-2 e variantes

O esquema táctico é unha das cousas ás que lle da voltas. “Sempre teño na cabeza esas cousas... Miro quen está en mellor rendemento e elixo quizá aos once mellores para competir. A veces eso lévame a ter que transformar o sistema ou varialo para acomodar as características dos xogadores”, comentou.

Teño a impresión de que temos que ter xa o obxectivo ao segundo partido

4Presionar e roubar alto é o que quere

O míster confía en que “cada día” os xogadores vaian a “mellor”. “Non sei se a mellora será espectacular, pero por encima de que o equipo esté ben ou esté mal, o que me interesa é gañar o partido”, precisou.

Vázquez considera que a proposta de xogo está clara. “A actitude do equipo non é de esperar, de replegar. É actitude agresiva e é eso o que estou intentando. É certo que non o facemos de forma perfecta, nos falta confianza suficiente, pero imos evolucionando cara aí. Se o equipo intenta presionar e roubar alto e vexo que non funciona, hai máis estratexias, pero repito, o contexto para gañar é ser un equipo que intenta roubar alto e transitar para facer gol. En algúns momentos estase vendo. Que non estamos chegando á perfección? Por suposto. Queda longo recorrido? Por suposto”, indicou.

Cuestionado sobre se a presión afecta ao xogo, respondeu que non hai relación directa “coas críticas nin coa presión”. E insistiu: “O que digo é que non se pode romper o vínculo, esa confianza co equipo. Quizá a xente esperaba que o Deportivo mostrase unha superioridade manifesta e arrasadora, pero iso é un erro. Se alguén pensa esto é quedamos dous pasos atrás. A realidade competitiva é a que nos vai poñer no noso sitio. Non gañaremos nin por nomes nin por ser o clube que somos. Temos que evolucionar, xogar mellor, nun estado de forma superior. O equipo recibe críticas porque as expectativas eran incribles. E non digo que non sexa o que o equipo vaia dar, pero nestes momentos non é a realidade do equipo. Se hai criticas e se apoia, eu estou conforme, pero a confianza debe manterse intacta”, opinou.

Comentarios