Xabier Díaz | “O boca a boca fai que medre a lexión de tradis”

Xabier Díaz | “O boca a boca fai que medre a lexión de tradis”

A de mañá no Colón (19.00 horas) e unha ocasión “especial” para Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que ofrecerán un concerto en compañía de Margarida Mariño.


Servirá para presentar ao vivo na cidade “As catedrais silenciadas”, a pesares de que o disco foi publicado xusto antes da pandemia. I é “especial” porque “levamos xa uns anos sen tocar na Coruña, na miña cidade” e porque, ademáis, estarán acompañados tamén polas pandereteiras de Donaire, dando mostra da “pulsación do folclore e do asociacionismo na cidade”.


Este disco, o terceiro coas Adufeiras, foi “o que perfeccionou a fórmula”. O primeiro foi “unha sorpresa”, o segundo serviu para “refrendar” a asociación e “este terceiro creo que é o que mellor reflicte a sociedade entre elas e eu, no que os arranxos foron feitos pensando dunha maneira absoluta no formato, houbo unha especie de busca de perfeccionar e de explorar os límites dunha ensemble destas características”, comenta Díaz.


A pregunta que o persigue tras o fin desta triloxía é cales serán os seguintes pasos da súa colaboración coas Adufeiras. Cun sorriso comenta:  “Todavía non teño unha resposta concreta, estou nese momento no que penso que “As catedrais silenciadas” merecen 100 concertos, e debemos ir por 50, e necesito que o disco se toque moito”, indica. Logo, entrará na promo do seu novo disco, “levantarse e caer”, e despois, “nalgún momento, a miña cabeza, e o meu corazón, me indicarán o camiño a seguir, tentarei ser todo o honesto que poida ser comigo mesmo”.


A resposta cara “As catedrais silenciadas” foi boa: “dende que empezamos o proxecto, sempre nos sentimos moi apoiados, temos unha base de seareiros que nos sigue aló a donde vamos, e o boca a boca fai que medre a nosa lexión de tradis”. 


Cedida Xabier díaz 18400713


Xabier Díaz | “O boca a boca fai que medre a lexión de tradis”

Te puede interesar