Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, abre os prazos para que estudantes de toda España presenten os seus proxectos

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, celebra este ano o seu 20 aniversario. Está promovida desde 2006 polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole -sociedade participada pola Xunta de Galicia-. Diríxese ao alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato; co fin de favorecer o talento innovador e emprendedor entre a mocidade. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Acaba de abrirse o prazo para que os centros educativos se inscriban e os equipos presenten os seus proxectos; poderán facelo ata o 17 de marzo a través da web www.galiciencia.com.

Galiciencia terá lugar os días 14, 15 e 16 de maio e tamén se poderá participar de maneira online. Celebrarase baixo o lema “Neurociencia e saúde mental”, un tema que afecta e preocupa cada vez máis ao conxunto da poboación. Enfermidades como a depresión, a ansiedade, os trastornos obsesivo compulsivos, os trastornos do sono ou da alimentación -entre outros- teñen a súa orixe en alteracións externas ou internas do cerebro.

Seleccionaranse 50 proxectos para asistir á feira e tamén se pode participar en liña

Cada centro educativo de Secundaria, Bacharelato e FP pode presentar ata dous proxectos, dos que se seleccionarán un total de 50 para asistir á feira e que serán os que finalmente compitan polos premios de Galiciencia. No caso da modalidade online non hai límite de proxectos.

O primeiro premio está dotado con 1.000 euros para participar en Exporecerca, a maior feira científica a nivel estatal, que se celebra anualmente en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 €, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, o certame de ciencia que ten lugar en Bilbao. O equipo gañador do terceiro premio recibirá 200 € para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.

Así mesmo, premiarase a mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto englobado dentro da temática “Neurociencia e saúde mental”, así como o mellor proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i. Haberá tamén un premio especial para a mellor proposta na categoría de FP. E galardoarase o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participen en liña.

Concursos e desafíos científicos

Como en cada edición, ademais do concurso de proxectos, a feira compleméntase con actividades, talleres, concursos diversos e espectáculos de ciencia. Así, o alumnado de Primaria de toda Galicia poderá participar no concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2025. Tamén haberá un certame de fotografía a través de Instagram, dirixido ao estudantado e ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España.

O alumnado galego de 4º de Primaria ata Bacharelato poderá participar no desafío científico “Atrévete coa mente!”. Consta dunha primeira fase online con tres retos. Para participar no primeiro reto será preciso inscribirse ata o 20 de febreiro a través da web atrevete.galiciencia.com. Para chegar á fase final, que será presencial durante a celebración de Galiciencia, será imprescindible ter participado nos tres retos online.

Para visitar a feira

Os centros interesados en visitar a feira teñen de prazo ata o 17 de marzo para facer a súa reserva. Haberá un límite de 50 asistentes máximo por centro escolar e un mínimo de 25. Tecnópole encargarase de xestionar e custear o transporte.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620