Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

O festival ‘Aquí tamén se fala galego’ celebra a lingua, cultura e o patrimonio inmaterial das cantareiras

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O IES Rafael Dieste acolleu esta mañá a presentación do festival ‘Aquí tamén se fala’, que terá lugar o venres 13 de xuño a partir das 17.00 horas na praza da Tolerancia. A deputada de lingua, Soledad Agra, destacou durante a súa intervención no acto a “afouteza, alegría e o inconformismo da mocidade” que se plasma nesta reivindicación da “lingua, a cultura e o patrimonio inmaterial que nos transmitiron as nosas cantareiras desde fai séculos”. A entidade provincial apoia a celebración deste festival cunha achega de 18.000€.

Os grupos Dios Ke Te Crew; Boyanka Kostova; Alana; Pava e Ulex serán os encargados de poñer a música a este proxecto que, tal e como sinalou a deputada, “demostra que o galego está vivo e que aos datos estatísticos pode dárselle a volta”. Neste sentido, Agra agradeceu o traballo da organización, “ao equipo de normalización lingüística do IES Rafael Dieste, e especialmente a Alberto Pombo, Arcadio González, e Mónica Reigía, pero tamén á dirección do centro”, e á “rapazada que se sumou á iniciativa” celebrando que “temos lingua propia e estamos orgullosas dela”.

Festival aquu00ed tamu00e9n se fala galego

“Como estamos orgullosas de ser dunha Galiza con entidade propia, cunha riqueza medioambiental e produtiva que debemos coidar e cunha riqueza cultural inmensa”, apuntou a deputada. Ademais, “somos un país acolledor, por iso temos tanta rapazada doutros países neste grupo do AQUÍ TAMÉN SE FALA”.

Agra concluíu afirmando que o galego “suma”, pois “é unha lingua vital, para vivir, cantar, estudar calquera materia educativa, desenvolver calquera traballo científico, viaxar, facer deporte e amar”. E, engadiu: “Estamos a tempo de darlle outro rumbo ó galego, e así poderemos dicir en toda Galiza: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620